Procedemento para a distribución de máscaras


  

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS


ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

ALUMNADO DESTINATARIO

  • O alumnado que resultou beneficiado das axudas de material escolar (50€) para 2021/2022 e non terá xa que presentar solicitude.
  • O resto do alumnado que se atope nas seguintes circunstancias:
    • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    • Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

PRAZO DE PRESENTACIÓN E SOLICITUDE

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 15 ao 26 de novembro de 2021.
  • Entregarase no centro de xeito presencial.
  • A solicitude pódese cumprimentar de xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace.
  • A solicitude será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2021-2022.
  • Documentación complementaria. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.