Obradoiro de Química
OBRADOIRO DE QUIMICA ALUMNADO DE EI e 1º DE PRIMARIA. Xoves 13 de febreiro. Salón de Actos. O día 13 de febreiro o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria tivemos a posibilidade de participar nun taller de química dirixido por Mercedes Neira González, docente do IES de Ames, que estivo acompañada polo seu alumnado de diversificación curricular. Coñecimos materiais específicos dun laboratorio tales como: erlenmeier, espátula, variña, probeta, vasos de precipitado, cristalizadores, … e reactivos algúns caseiros como betadine, vitamina C, ovos, auga osixenada, fairy, bicarbonato, vinagre,… e outros un propios de laboratorio. |
||
|