Roteiro xeométrico
Enviado por ceippio12 o Mar, 2013-12-03 18:20
Roteiro xeométrico O alumnado de 5 anos realizou un roteiro matemático pola cidade co fin de localizar a xeometría na arquitectura do casco histórico. Provistos de cámaras de fotos e dunha tarxeta para rexistrar cantas tirara cada nena e neno percorreron a zona vella desenvolvendo un proceso de observación polas rúas que resultou moi interesante e que culminou cunha exposición fotográfica nos corredores da escola. Estas imaxes recorren algúns dos momentos desta saída. |
||
|
»