Skip to Content

Formulario de contacto

             

 

 

Secciones bilingües | Consellería de Cultura, Educación y UniversidadINNOVACIÓN EDUCATIVA

       Introducción | NOVA WEB DO CIFP SOMESO EN . http://www.cifpsomeso.edu.es

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Así foi o noso día terrorífico na escola!

 

OBRADOIRO DE CABAZAS

O pasado martes levouse a cabo o obradoiro de cabazas onde familias e alumnado traballaron man a man para idear a cabaza mais orixinal sen empregar material non compostable. Un reto difícil que nos obrigou a pensar e idear diferentes formas de enganchar o material á cabaza, crear cores, crear pegamento... por suposto todo compostable.

Sorprendente a orixinalidade das familias, algunhas ideas que puidemos observar foron: empregrar pimenton, remolacha, cinza ou carbón para crear cores; unir con palillos, cordas ou cola caseira.... 

Aquí vos queda un pequeno vídeo do fermoso día.

 
Queremos transmitir o noso agradecemento a todas as persoas que puideron participar por facer posible esta xornada de convivencia entre toda a comunidade educativa.

CONVIVENCIA E BENESTAR

PLANTA OS TEUS SOÑOS E DÉIXAOS CRECER

Este ano imos traballar a horta na escola. E para comezar o curso, imos presentarnos empregando unha planta. Na entrada, están as plantas dos profes, eles tamén fixeron a súa presentación.  Animámosvos a que as vexades.

Por tal motivo, o alumnado debe escoller unha planta coa que se identifique por unha característica ou por gusto persoal e traela ao cole. Esta planta vai estar no centro durante todo o curso escolar. Deberán especificar nunha tarxeta como se chama, que coidados precisa (luz, auga, interior/exterior) e por a escolleches.

 

 
 

Moitas grazas por participar!!!

 

Rodearse de plantas, pode ter efectos positivos tanto no corpo como na mente porque:

  • Reducen os niveis de estrés e ansiedade: estar en presenza de plantas pode inducir sensación de calma e tranquilidade. Coidar as plantas tamén pode ser unha actividade terapéutica que axuda a aliviar o estrés acumulado no día a día.
  • Actúan como purificadores naturais de aire: eliminan toxinas do aire, reducen o risco de enfermidades respiratorias e alerxias.
  • Melloran atención e reducen a fatiga mental.
  • As cores verdes e as formas orgánicas das plantas estimulan a mente e fomentan un ambiente de traballo máis feliz: inspiran pensamentos creativos e proporcionan unha sensación de benestar.
  • Fortalecen o teu sistema inmunolóxico ao mellorar a calidade do aire e reducir o estrés.
Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.
by Dr. Radut