Skip to Content

        

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O aumnado de 1º e 2º ciclo comezou a semana celebrando o día internacional das persoas con discapacidade. Este día celébrase o 3 de decembro e o seu obxetivo e o de lograr unha sociedade cada vez máis inclusiva e accesible.  

Para iso, o primeiro que fixemos foi visualizar unha presentación nas aulas para que os nenos e nenas tomen consciencia de que todos e todas somos diferentes.

Despois, cada un dos nenos/as asumiu e púxose no lugar dunha persoa con discapacidade, desplazándose polo centro e participando nun xogo no patio.

Para finalizar, elaboramos un "monigote das cousas bonitas" por cada neno/a, donde escribiron unha cualidade positiva ou algo que lles gusta dos seus compañeiros. 

Si queredes ver as fotos, facede click aquí.

Vídeo conmemorativo do 25N

Se queredes ver o vídeo que fixemos para conmemorar o 25N (Día Internacional da Non Violencia de Xénero) fai click aquí

Saída ciclista con 4º e 6º ao tanque de tormentas con profesores turcos e programa de radio

O pasado día 2 de novembro recibimos a visita no noso centro dun grupo de mestres/as chegados de Turquía. Viñeron a coñecer o noso cole, fixemos unha saída en bicicleta con eles e cos nenos/as de 4º e de 6º ao tanque de tormentas e realizamos un programa de radio facéndolles unha entrevista. 

Si queredes ver as fotos fai click aquí. 

Si queredes escoitar o programa de radio, fai click aquí.

Iniciamos os patios inclusivos!

Unha proposta que iniciamos o curso pasado e coa que, en vista dos bos resultados e acollida que tivo, decidimos continuar neste curso.

Os patios inclusivos ofrecen a oportunidade de xogar e participar, de forma voluntaria, a todos os nenos e nenas da nosa escola. Porque xogar non é só un dereito, senón unha necesidade, a partir da cal experimentan, senten, descobren, expresan e aprenden sen apenas darse conta.

Cando falamos de inclusión, pensamos que se fai de forma exclusiva cos nenos e nenas con necesidades educativas especiais, pero inclusión fai referencia tamén a compartir, participar, pertencer, respetar, comprender... en definitiva, todos necesitamos estar incluídos, sentirnos parte dun lugar.

Para levar a cabo todo isto, contamos con materiais e xogos diversos, motivantes e accesibles. Pensados para que  todos os nosos nenos e nenas xoguen e se divirtan mentres aprenden. Propostas que iremos compartindo con vós ao longo do curso. Se queres ver como foi a primeira semana, preme aquí. 

Esperamos que as disfrutedes tanto coma nós.

 

Alvarella 5º e Saída Ed. Vial 4º

Os días 19 e 20 de setembro, os alumnos e alumnas de 5º, cos seus profes Pilar e Fabio, fixemos unha excursión a Alvarella (Pontedeume). Pasámolo xenial e fixemos moitas actividades. Si queredes ver as fotos, fai click aquí.

O curso de 4º fixo unha saída camiñando para coñecer os camiños do entorno do colexio ata o parque de Freixeiro. Si queres botarlle un ollo ás fotos fai click aquí.

Datas e horas das reunións entre os/as titores/as e as familias

Como é costume, ao comezo de cada curso, o CEIP Piñeiros convoca reunións entre os titores/as e as familias. Indícanse, a continuación, as datas e as horas nas que estades convocados todos os pais e nais para reunirvos cos respectivos titores/as dos vosos fillos/as:

 

- 3 anos: 20 de setembro, ás 16:30 horas.

- 4 anos: 13 de setembro, ás 16:30 horas.

- 5 anos: 13 de setembro, ás 17:00 horas.

 

- 1º curso de Educación Primaria: 7 de setembro, ás 11:00 horas.

- 2º curso de Educación Primaria: 13 de setembro, ás 17:00 horas.

- 3º curso de Educación Primaria: 7 de setembro, ás 10:30 horas.

- 4º curso de Educación Primaria: 7 de setembro, ás 10:00 horas.

- 5º curso de Educación Primaria: 7 de setembro, ás 10:00 horas.

- 6º curso de Educación Primaria: 13 de setembro, ás 16:15 horas.

Como contactar co centro do 18 de xullo ata o 31 de agosto?

O CEIP Piñeiros permanecerá pechado dende o 18 de xullo ata o 31 de agosto.

Para contactar co CEIP Piñeiros dende o 18 de xullo ata o 29 de xullo, podedes chamar aos seguintes números de teléfono en horario de 10:00 a 13:00 horas, de luns a venres:

881930378

664226046

Tamén podedes contactar a través do correo electrónico do centro: ceip.pinheiros@edu.xunta.gal

No mes de agosto, ambos os dous números de teléfono estarán inactivos; pero se tedes algún asunto urxente que tramitar podedes enviar un correo electrónico ao correo do centro arriba indicado.

 

 

 

 

Publicación da listaxe definitiva de alumnado con dereito a participar no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º cursos de Educación Primaria)

Comunicamos as familias do alumnado que, no vindeiro ano académico 2022-2023 estará matriculado nos cursos 2º e 3º de Educación Primaria que, na secretaría do CEIP Piñeiros, está publicada a lsitaxe definitiva de alumnos e alumnas que teñen dereito a participar no fondo solidario de libros de texto. As familias que solicitáchedes participar no fondo solidario de libros de texto a través da sede electrónica, podedes realizar, igualmente, a consulta na aplicación Fondolibros.

Horario do centro dende o 1 de xullo ata o 15 de xullo de 2022

Comunicamos a todas as familias do CEIP Piñeiros que este centro permanecerá aberto dende o 1 de xullo ata o 15 de xullo, en horario de 9:00 a 13:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut