Skip to Content

        

OBRADOIRO DE INSECTOS

Os días 18 e 19 de xaneiro recibimos a visita de Miguel Santamaría, biólogo expecto en insectos. 

Puidemos observar, toca e coñecer diferentes especies exóticas: de África, América...Toda unha experiencia!

Nadal no Ceip Piñeiros

 

Este Nadal no cole realizamos varias actividades:

O martes 19 fomos ao cine.

O xoves 21 o alumnado de 6º preparou o "túnel do Nadal" no ximnasio. O alumnado do cole percorreu este túnel para rematar escoitando a Juan (fagote) e a Cristina (voz e pandeireta) de sexto e a Daniela e a Cloe (piano) de quinto, que ofreceron un concerto de Nadal. Para rematar tivemos a visita do Reis Magos.

Se queredes ver as fotos fai click aquí

  

PREMIO DE BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS

O pasado 28 de novembro, no marco do Congreso Internacional sobre Boas Prácticas Inclusivas que tivo lugar en Santiago de Compostela, a Consellería de Educación concedeulle ao CEIP de Piñeiros a Mención de Honra polo traballo realizado a prol da inclusión nos últimos cursos.

Este premio é un pulo para todos nós que axudará a continuar traballando na mellora da nosa labor diaria e das prácticas, educativas e inclusivas.

Sen a implicación de TODA a comunidade educativa (alumnado, mestres/as, persoal non docente, familias, ANPA, asociacións sociais e organismos municipais) é probable que este premio non fose posible.

GRAZAS a tod@s e en especial a PILI, a nosa mestra de Audición e Linguaxe. Foi a coordinadora e o motor deste proxecto, contaxiando alegría con cada idea. Fixo que todo parecese máis sinxelo, animándonos a presentarnos a este recoñecemento público que estamos compartindo con vós.

                           

Dia Internacional das Persoas con Discapacidade

O día 3 de decembro foi o Día Internacional da Discapacidade. Unha discapacidade é ter unha capacidade diferente, e ... Todos somos diferentes! Baixo ese lema elaborouse un cartel cos autorretratos que fixeron todos os membros desta comunidade educativa (profesorado, alumnado, persoal de comedor...). Adiviñades quen é quen?

Podedes velo proceso deste traballo pinchando aquí.

 

ATLETISMO E SENDA DAS FORMIGAS E AVIFAUNA

Deixamos aquí fotos de dúas actividades que fixemos durante os meses de setembro e outubro.

Trátase de atletismo, co alumnado de 5º de primaria. Podedes ver aquí as fotos.

E a saída  a visitar a Senda das Formigas y Avifauna, á que fomos todo o centro o día 3 de outubro. Podedes ver aquí as fotos. 

ACTUACIÓN 2PLICAS

O pasado día 25 de outubro, a ecademia de música 2Plicas veu representar un teatro musical para todo o centro.

Moitas grazas a Manuel e Sofía.

Si queredes ver as fotos facede click neste enlace. 

O SAMAÍN

No noso cole tamén celebramos o Samaín! Nos Patios Inclusivos houbo xogos terroríficos: a pesca de pantasmas feitas cun bote de iogur; elaboración de monstros senroriais con globos cheos de fariña ou arroz que había que encestar na boca dunha pantasma de cartón; o xogo da araña e como non, o xogo dos esqueletos, no que hai que andar polos aros do chan ao son da música e cando pare, facer a postura do esqueleto que che tocou.

A rapazada de 6º deleitounos cuns minutos de medo no ximnasio co Túnel do Terror.

No recreo comemos unha boliños preñados que estaban que daban medo de bos e bebimos un vaso de leite. Logo o alumnado de 5º e 6º de Primaria pintaron a pel e as unllas de todo o que quixo cunha pintura que se ilumina con luz ultravioleta.

Xa pintados, había que comprobalos resultados e bailamos todos xuntos con pouca luz para despeilo día no ximnasio.

Deixámosvos un vídeo a modo de resumo pero podedes ver máis imaxes pinchando aquí:

 


 

Patios Inclusivos

Os mércores e venres durante a hora do recreo o alumnado participa nuns xogos lúdicos e ao alcance de tod@s tales como "1, 2, 3 ... zapatiño quedo é", "A araña" e baile libre con música marchosa e ealegre que nos recarga as pilas.

Podedes as fotos a modo de resumo facendo click na seguinte imaxe:

Iniciamos os patios inclusivos

Estamos preparándonos para un novo curso cheo de xogos e diversión, se queres recordar o ben que o pasamos na festa de fin de curso pincha no vídeo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut