Skip to Content

        

Procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado

Comunicamos a todas as familias que a Consellería de Educación realizará unha achega complementaria, procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, para que os centros docentes afronten no curso 2021/22 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.

Se queredes coñecer o procedemento de solicitude e distribución de máscaras, preme "aquí". 

Importante: As familias con fillos/as que foron beneficiarios da axuda de material escolar para o curso 2021/2022 non teñen que presentar a solicitude. A aplicación xa os inclúe, directamente, na listaxe de alumnos/as con dereito a recibir máscaras.

O resto do alumnado que non foi beneficiario do material escolar por diversas circunstancias  si que debe presentar solicitude neste centro educativo. O prazo remata o 26 de novembro de 2021.

Merendas saudables- Alumnado de Educación Primaria

Para potenciar o consumo de produtos alimenticios sans e fomentar entre os nenos e nenas uns hábitos alimentarios axeitados, no CEIP Piñeiros está establecido o Plan de merendas saúdables para os alumnos/as de Educación Primaria.

Para traballar este obxectivo establecemos un menú de merendas nos recreos e que será distinto para cada día da semana. Para poder levalo a cabo rogamos a vosa colaboración e, se é posible, o correcto cumprimento do menú que é o seguinte:

LUNSO luns será o día dos cereais. Só estará permitido comer galletas (sen chocolate), cereais ou palitos.

MARTESO martes será o día do consumo de produtos lácteos. Ese día os nenos/as deberán traer queixo, iogures ou batidos.

MÉRCORES: O mércores  será o día da froita. Os alumnos/as deberán traer calquera peza de froita.

XOVES: O xoves é o día do bocadillo. Os nenos/as deberán traer un bocadillo de queixo, de xamón cocido, york, serrano, de peituga de polo ou de pavo.

VENRES: O venres será día libre. Os alumnos poderán consumir no recreo calquera dos produtos arriba mencionados neste menú.

Todos os nenos deberán traer unha botella de auga co seu nome.

Pedimos a vosa colaboración para desenvolver este plan de merendas saúdables.

Merendas saudables - Alumnado de Educación Infantil

Calendario de merendas saudables para Educación Infantil. 

 LUNS: Cereais (galletas, careais, palitos).

MARTES: Produtos lácteos (queixo, iogures, batidos).

MÉRCORES: Peza de froita.

XOVES: Bocadillo.

VENRES: Día libre.

 Os nenos/as deberán traer unha botella de auga co seu nome.

Plan de continxencia do CEIP Piñeiros - Curso 2021-2022

Se queredes consultar o Plan de continxencia do CEIP Piñeiros para o curso 2021-2022, premede "aquí".

Plan de adaptación á situación COVID - Curso 2021-2022

Se queredes consultar o Plan de adaptación á situación COVID do CEIP Piñeiros para o curso 2021-2022, premede "aquí".

Cambios de Relixión e de Valores Sociais e Cívicos e Atención Educativa

Comunicamos a todas as familias que queirades cambiar os vosos fillos/as de Relixión a Valores ou Atención Educativa ou ben de Valores e Atención Educativa a Relixión, que tedes que realizar o cambio antes do 15 de setembro.

Vacacións, días festivos e non lectivos - Curso 2021-2022

O 4 de xuño de 2021 saiu publicada a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguindo a devandita orde, indícanse, a continuación, os períodos de vacacións escolares, días festivos e días non lectivos:

- 11 de outubro de 2021: Día do Ensino establecido pola Consellería de Educación.

- 12 de outubro de 2021: Festa Nacional de España.

- 1 de novembro de 2021: Día de Todos os Santos.

- 23 de novembro de 2021: Día de Narón.

- 6 de decembro de 2021: Día da Constitución Española.

- 8 de decembro de 2021: Día da Inmaculada Concepción.

- Nadal: dende o día 22 de decembro de 2021 ata o 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

- Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

- Semana Santa: dende o día 11 de abril ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

- 16 de maio de 2022: día non lectivo elixido polos centros educativos públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Narón.

- 17 de maio de 2022: Día das Letras Galegas.

Programa Alerta Escolar - Curso 2021-2022

Comunicamos que o CEIP Piñeiros está adscrito ao programa Alerta escolar. Trátase dun programa coordinado pola Consellería de Educación, pola de Sanidade, polo SERGAS e pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co obxectivo de facilitar a atención inmediata dos nenos/as escolarizados que teñan unha patoloxía crónica e que poidan desenvolver unha crise. Este programa de Alerta escolar abarca:

- Nenos que poidan sufrir crises alérxicas por produtos alimentarios.

- Nenos/as que corran o risco de padecer crises epilépticas.

- Nenos/as diabéticos.

Se algún dos vosos fillos/as entra en calquera dos tres grupos, deberíades adscribilo ao programa Alerta Escolar, poñéndoos en contacto coa directora deste centro, o antes posible, para iniciar os trámites necesarios.

Horarios de entrada e saída para todo o curso escolar 2021-2022

Informamos as familias do CEIP Piñeiros dos horarios de todos os cursos escolares para o ano académico 2021/2022. Por mor da situación sanitaria, o alumnado ten que seguir realizando as entradas e saídas de xeito escalonado igual que o curso anterior. Todo o alumnado deberá estar fóra do recinto escolar á hora indicada. Non se permitirá entrar antes do horario sinalado.

Todos os cursos de Educación Infantil:

Entrada: 9:05 horas
Saída: 13:40 horas

1º e 2º cursos de Educación Primaria:

Entrada: 9:00 horas

Saída: 14:00 horas

3º e 4º cursos de Educación Primaria:

Entrada: 8:55 horas

Saída: 13:55

5º e 6º cursos de Educación Primaria:

Entrada: 8:50 horas

Saída: 13:50 horas

Datas de reunións coas familias - Curso 2021-2022

Comunicamos a todas as familias do CEIP Piñeiros que nos vindeiros días estades convocados a unha reunión cos respectivos titores/as dos vosos/as fillos/as.

Indícase, a continuación, a relación de cursos, datas e hora das devanditas reunións. Lembrade que, por mor da pandemia e por protocolo COVID 19, só poderá asistir ás reunións un so proxenitor.

- 4º curso de Educación Infantil (3 anos): pendente de programar. Avisarase coa debida antelación.

- 5º curso de Educación Infantil (4 anos): martes, 7 de setembro de 2021, ás 11:00 horas.

- 6º curso de Educación Infantil (5 anos): martes, 7 de setembro de 2021, ás 12:00 horas.

- 1º curso de Educación Primaria: martes, 14 de setembro de 2021, ás 16:00 horas.

- 2º curso de Educación Primaria: martes, 7 de setembro de 2021, ás 11:15 horas.

- 3º curso de Educación Primaria: mércores, 8 de setembro de 2021, ás 11:15 horas.

- 4º curso de Educación Primaria: mércores, 8 de setembro de 2021, ás 11:30 horas.

- 5º curso de Educación Primaria: martes, 7 de setembro de 2021, ás 10:15 horas.

- 6º curso de Educación Primaria: martes, 7 de setembro de 2021, ás 10:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut