Skip to Content

        

Contacto co CEIP Piñeiros.

Informamos a todas aquelas familias que necesitedes contactar co CEIP Piñeiros ao longo deste verán, para solventar dúbidas ou solicitar algunha xestión, que debedes enviar un correo ao correo electrónico do centro, explicando o voso motivo e, o máis axiña posible, poñerémonos en contacto con vós.

Correo electrónico do CEIP Piñeiros: ceip.pinheiros@edu.xunta.gal

Listado de material escolar para o curso 2024-2025

Material escolar 1º curso de Educación Primaria. Click aquí.

Material escolar 2º curso de Educación Primaria. Click aquí.

Material escolar 3º e 4º curso de Educación Primaria. Click aquí.

Material escolar 5º e 6º curso de Educación Primaria. Click aquí.

Vales para a adquisición de material escolar e de libros de texto

Informamos a todas as familias do alumnado que, no vindeiro ano académico, estará matriculado en calquer curso de Educación Primaria que xa podedes achegarvos pola secretaría do centro a retirar os vales para a aquisición de material escolar, así como os vales para a adquisición dos libros de texto para o alumnado que estará escolarizado no vindeiro curso 2024/2025 en 1º e 2º de Educación Primaria.

Publicación da listaxe provisional de alumnos con dereito a participar no Fondo solidario de libros de texto

Comunicamos a todas as familias do alumnado que, no vindeiro ano académico, estará escolarizado en 3º e 4º cursos de Educación Primaria que, mañá, luns, 1 de xullo de 2024, estarán publicadas, na secretaría do centro, a listaxe provisional de alumnos/as con dereito a participar no Fondo solidario de libros de texto. A partir de mañá se abrirá un prazo de dous días para presentar reclamacións.

Horario do centro durante o mes de xullo

Informamos a todas as familias que as datas e o horario de atención de secretaría no CEIP Piñeiros durante o mes de xullo será dende o luns, 1 de xullo de 2024 ata o luns, 15 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos e en horario dende as 10:00 ata as 13:00 horas.

Comedor escolar

Informamos a todas as familias do CEIP Piñeiros do Concello de Narón, que dende o 19 de xuño de 2024 e ata o 27 de xuño de 2024 está aberto o prazo para solicitar praza de comedor escolar para o vindeiro curso 2024-2025.

Para descargar o documento informativo, preme "aquí".

Para descargar a solicitude, preme "aquí".

Para descargar o impreso de autodeclaración, preme "aquí".

Para consultar as instrucións publicadas pola Consellería, preme "aquí"

Festival de fin de curso!

Aquí están os vídeos do festival de final de curso que tivo lugar no Pazo da Cultura de Narón o pasado luns 17 de xuño!

              

Revista Escolar 2023-24

 

Xa temos a revista escolar deste curso!

 

Se queredes vela facede click na imaxe!

 

Relación de libros de texto para o curso 2024-2025

Informamos ás familias do alumnado do CEIP Piñeiros que xa podedes consultar a relación de libros de texto que o alumnado de Educación Primaria empregará no vindeiro curso académico 2024-2025. Para consultar esa relación de libros de texto, tedes que premer "aquí".

Aquelas familias que non solicitáchedes as axudas para a adquisición de libros de texto ou para participar no fondo solidario de libros de texto ou ben non vos corresponden esas axudas tedes que adquirir os libros de texto relacionados na listaxe publicada.

Prazos establecidos polo CEIP Piñeiros ao longo do desenvolvemento da convocatoria do fondo solidario de libros de texto. Curso 2024-2025.

Para consultar os prazos establecidos polo CEIP Piñeiros ao longo do desenvolvemento da convocatoria do fondo solidario de libros de texto para o curso 2024-2025, preme "aquí".

Distribuir contido


by Dr. Radut