Calendario escolar. Días festivos e non lectivos. Curso 2024-2025
Segundo o establecido na Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, as actividade lectivas realizaranse dende o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos. Os períodos de vacacións e días non lectivos quedan como a continuación se indican:
Períodos de vacacións:
Nadal: dende o 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025 (ambos os dous inclusive).
Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo de 2025.
Semana Santa: dende o día 14 de abril ata o día 21 de abril de 2025, ambos incluídos.
Días festivos e non lectivos:
-
31 de outubro de 2024: día do Ensino
-
1 de novembro de 2024: día de Todos os Santos.
-
4 de novembro de 2024: día non lectivo elixido polos centros educativos de infantil e primaria do Concello de Narón.
-
6 de decembro de 2024: día da Constitución.
-
1 de maio de 2025: día da Festa do Traballo.
-
2 de maio: día non lectivo elixido polos centros educativos de infantil e primaria do Concello de Narón.