Skip to Content

        

Corrección de erros nas instrucións 2/2004 de comedores de xestión indirecta publicadas pola Consellería de Educación

Comunicamos a todas as familias con fillos e fillas usuarios/as do comedor escolar do CEIP Piñeiros do Concello de Narón que a Consellería de Educación enviou aos centros educativos un documento de corrección de erros nas instrucións 2/2024 de comedores de xestión indirecta.

Nesa corrección de erros se sinala que as parellas de feito, as parellas separadas e as parellas divorciadas coa guarda e custodia compartida dos seus fillos e fillas forman unha unidade familiar. Iso significa que todos aqueles pais, nais ou titores legais que se atopen en calquera desas situacións  (membro dunha parella de feito, dunha parella separada ou dunha parella divorciada coa guarda e custodia compartida dos seus fillos ou fillas) e que non incluíron os seus datos persoais no modelo de autodeclaración da solicitude de comedor, nin o asinaron, deberán acudir aos respectivos centros educativos para incluir os seus datos persoais e os datos da súa renda anual neta do IRPF correspondente ao ano 2023.

O prazo para corrixir a autodeclaración comeza o luns, 2 de setembro de 2024 e remata o venres, 6 de setembro de 2024, preferiblemente dende as 12:00 horas ata as 14:00 horas.

Lembrade que a plataforma de intermedicación de datos existente permitirá cruzar os datos de renda neta familiar per cápita autodeclarados polos suxeitos obrigados ao pagamento das tarifas de comedor escolar cos datos de renda neta familiar per cápita contidos nas correspondentes declaracións do IRPF de ditos suxeitos.

Se nese cruce de datos, a Consellería de Educación detecta que faltan os datos persoais e os datos da renda anual do IRPF correspondentes ao ano 2023 dun dos cónxuxes ou ben son erróneos e, como consecuencia, ao alumno ou á alumna non lle corresponde gratuidade no servizo de comedor, xirará liquidacións aos obrigados ao pagamento das tarifas, nas que se efectuarán correccións dos importes a aboar.

Para consultar as instrucións 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024-2025, preme "aquí".

Para consultar o documento sobre a corrección de erros nas instruccións sinaladas no parágrafo de arriba, preme "aquí".

 



page | by Dr. Radut