Skip to Content

        

Comedor escolar: instrucións e documentación

Comunicamos a todas as familias do CEIP Piñeiros que no vindeiro curso 2023-2024 comezará a funcionar o servizo de comedor escolar xestionado pola Consellería de Educación. O número de prazos adxudicadas é de 60.

Nos seguintes enlaces podedes descargar a folla informativa, a solicitude e a autodeclaración, así como as instrucións que a Consellería de Educación enviou aos centros educativos.

Circular informativa

Solicitude

Autodeclaración

Instrucións enviadas pola Consellería de Educación

Ademais, aos efectos de facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha claculadora a través da páxina web da consellería que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. O acceso á calculadora está dispoñible a través do link: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

 



page | by Dr. Radut