Skip to Content

        

Iniciamos os patios inclusivos!

Unha proposta que iniciamos o curso pasado e coa que, en vista dos bos resultados e acollida que tivo, decidimos continuar neste curso.

Os patios inclusivos ofrecen a oportunidade de xogar e participar, de forma voluntaria, a todos os nenos e nenas da nosa escola. Porque xogar non é só un dereito, senón unha necesidade, a partir da cal experimentan, senten, descobren, expresan e aprenden sen apenas darse conta.

Cando falamos de inclusión, pensamos que se fai de forma exclusiva cos nenos e nenas con necesidades educativas especiais, pero inclusión fai referencia tamén a compartir, participar, pertencer, respetar, comprender... en definitiva, todos necesitamos estar incluídos, sentirnos parte dun lugar.

Para levar a cabo todo isto, contamos con materiais e xogos diversos, motivantes e accesibles. Pensados para que  todos os nosos nenos e nenas xoguen e se divirtan mentres aprenden. Propostas que iremos compartindo con vós ao longo do curso. Se queres ver como foi a primeira semana, preme aquí. 

Esperamos que as disfrutedes tanto coma nós.

 



page | by Dr. Radut