Procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado
Comunicamos a todas as familias que a Consellería de Educación realizará unha achega complementaria, procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, para que os centros docentes afronten no curso 2021/22 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.
Se queredes coñecer o procedemento de solicitude e distribución de máscaras, preme "aquí".
Importante: As familias con fillos/as que foron beneficiarios da axuda de material escolar para o curso 2021/2022 non teñen que presentar a solicitude. A aplicación xa os inclúe, directamente, na listaxe de alumnos/as con dereito a recibir máscaras.
O resto do alumnado que non foi beneficiario do material escolar por diversas circunstancias si que debe presentar solicitude neste centro educativo. O prazo remata o 26 de novembro de 2021.