Informamos a todas as familias do alumnado que vaian facer uso do comedor escolar durante este curso 2024-2025 das segunintes normas que todo o alumnado e familias tedes que cumprir:
- O servizo de comedor escolar comezará a funcionar o mércores 11 de setembro de 2024.
- O horario de funcionamento e de apertura do comedor escolar é dende as 14:00 horas ata as 16:00 horas.
- Moi importante: Se hai alumnos/as que nalgún dos días que solicitaron o uso do comedor non poden facer uso deste servizo por non acudir ese día ao centro ou ben por outros motivos persoais, as familias tedes a
obriga de enviar un correo electrónico, antes das 9:30 horas da mañá, á dirección de correo electrónico que indicamos a continuación e no que debedes informar da ausencia do voso fillo/a ese día ao comedor escolar,
indicando o seu nome e apelidos e curso no que está escolarizado. O correo electrónico ao que debedes enviar esa información é o seguinte: comedor.ceip.pinheiros@edu.xunta.gal
- Para comunicar as ausencias non debedes nin chamar por teléfono ao centro nin notificalo a través do outro correo do centro. Só recolleremos as ausencias ao comedor dos vosos fillos/as a través do correo
electrónico indicado arriba.
- Na páxina web do CEIP Piñeiros, no apartado de comedor escolar, á esquerda da páxina, podedes consultar o menú que a empresa adxudicataria de cátering -Jardanay- elaborará ao longo deste primeiro trimestre.
- Moi importante: Seguindo a instrucción 2/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2024-2025, os
alumnos/as usuarios do comedor escolar que en 3 ocasións falten ao comedor sen que mediara, antes das 9:30 horas dese día, comunicación previa da súa ausencia a través do correo electrónico que indicamos, tanto
sexan usuarios pagadores como gratuítos, quedarán privados durante 10 días do uso do comedor escolar.
- O horario de recollida dos vosos fillos/as no comedor escolar é o seguinte:
-
1ª quenda de recollida: ás 15:00 horas.
-
2ª quenda de recollida: ás 15:30 horas
-
3ª quenda de recollida: ás 15:50 horas