Skip to Content

Guías de lectura

Recomendacións lectoras "Ao carón do mar" 2020

Acceso ás recomendacións.

Recomendacións lectoras Verán 2020

Aínda que dunha maneira un pouco diferente, o curso está a rematar. Desde a biblioteca queremos agradecer a todas as familias a súa asistencia polas tardes dándolle vida ao recuncho preferido de Lelucha, a participación en actividades como as mochilas viaxeiras ou bolsas de empréstito de infantil, a súa colaboración nas propostas que fixemos desde o equipo de apoio á biblioteca (tanto de maneira presencial como online) e por axudarnos a poñer en valor o noso maior tesouro, os libros.

Compartimos as nosas recomendacións lectoras "Ao carón do mar" por si queredes usalas de guía nas vosas futuras compras. Nós seguiremos promocionando os libros (non só estos, senón todos) porque son as mellores portas e fiestras en tempos de confinamento, os nosos mellores compañeiros de viaxe sen sair da casa ou saíndo, os mellores medios de transporte cara o mundo da fantasía e imaxinación e por suposto tamén o mellor microscopio para investigar e aprender sobre o que nos apeteza.

Felices vacacións a tod@s!!!!

Guía de recomendacións: Ao carón da lareira. Decembro de 2019.

Un ano máis, por estas datas, editamos as nosas recomendacións de lectura para as diferentes idades.  Como sempre cada nena e neno do cole levará un exemplar en papel pero como sabemos que así chegamos a xente de máis lonxe, publicaámolo tamén na web, por si os Reis Magos ou Papa Noel o queren consultar tamén.

Felices festas para todos e todas desde o equipo de apoio á biblioteca escolar!

 

Guía de lectura Fin de Curso

Para rematar este curso deixámosvos esta guía de lectura que esperamos que sexa do voso agrado, disfrutadea en familia e felicies vacacións.

Clicade na imaxe para ver a presentación

Recomendacións para o Nadal 2016

Un ano máis queremos compartir con vós as nosas recomendacións de lectura para o NADAL; nesta  guía poderedes atopar lecturas para pequenos, grandes e medianos. Como novidade podedes encontrar unhas contos en outras linguas.

Esperamos que vós gusten, e que pasedes unhas boas vacacións.

                              

Recomendacións para o verán

Aquí vós deixamos unha nova guía de lectura para que compartir coa familia durante as vacacións de verán. Pincha na imaxe para ver a guía completa

21 de marzo. Día da Poesía.

Animádevos a compartir cos  vosos fillos/as a lectura dalgún dos libros que recomendamos no tríptico que podedes consultar aquí.

Recomendaciós Nadal 2015

Un libro sempre é un bó agasallo. Dende a biblioteca do cole, aí van as nosas recomendacións. Para ver o trítpico completo, non tes máis que picar sobre a imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut