Este ano tócounos a tod@s adaptarnos a novas situacións e normas. O mesmo pasoulle a Lelucha pero non por esto ten menos ganas de seguir levando a lectura a todas a as casas.
Hoxe publicamos o noso diptico anual de comezo de curso cunha nova forma de funcionamento, normas de seguridade e hixiene, etc.
Esta semana foi de moito traballo na biblioteca. Coincidindo con Samaín e o día das Bibliotecas Escolares, a nosa amiga Lelucha puxo o cole patas arriba. A través dunha carta e dun vídeo para os máis pequenos, pediunos axuda para abrir o candado que nos daba acceso ao antídoto (a única solución para todos os que estabamos no colexio estos días)
Todos os nenos e nenas conseguiron atopar unha serie de pistas agochadas na nosa biblio, grazas aos seus coñecementos sobre os libros, a biblioteca e a súa distribución. Por sorte, grazas ao seu gran traballo, quedamos liberados dun terrible feitizo. Ao rematar a biblioteca concedeu a todos eles un recoñecemento de expertos en bibliotecas escolares, otorgado por Lelucha (a bruxiña boa que vive na nosa biblioteca).