Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS (20N)

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS (20N)

Os nenos e nenas estiveron traballando cos dereitos  dos máis pequenos/as aproveitando o Día Mundial da Infancia (20 de novembro). Deixamos aquí uns traballos que estiveron facendo os alumnos/as de Educación Infantil e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. 

 

 

O DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Día Mundial da Infancia,  que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é un día para pór o énfase sobre a situación dos nenos e nenas mais desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

 

 Dende o Departamento de Orientación queremos facer fincapé na importancia do 20 de novembro. Cremos que é unha data moi significativa para nós dado que os nenos e as nenas son o pilar fundamental da escola, e do mundo en xeral.

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN

CELEBRAMOS O SAMAÍN! 

O pasado venres 28 de outubro tocou celebrar Samaín no colexio. Cada neno/a preparou coa axuda dos seus familiares unha cabaza. Despois, no cole, todos os nenos e nenas xuntos, coas cabazas acendidas, contararon historias de medo que prepararan na clase con anterioridade. A continuación deixamos algún exemplo das cabazas que prepararon os nosos nenos e nenas. Que artistas!

samaín 2 samaín 3

COMEZAMOS COS PROXECTOS: o alumnado de 5º de EP elabora unhas maquetas do Sistema Solar.

MAQUETAS DO SISTEMA SOLAR

 

O alumnado de 5º de EP acaba de realizar unhas maquetas do Sistema Solar como complemento a unidade 1 do libro de Ciencias Sociais.

 

 sistema solar maquetas

maqueta 1 SS maqueta 2 SS maqueta 3 SS
Distribuir contido


by Dr. Radut