Skip to Content

LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o día das letras galegas fixemos diversas actividades.

Un exemplo foi a elaboración dun mural colaborativo entre toda primaria! Os maiores tamén fixeron libriños de lapelas sobre Luísa Villalta e prepararon unha actividade por cada curso: 6° fixo acrósticos co nome e apelidos de Luísa, 5° fixo caligramas sobre algunhas cousas importantes para a escritora, e 4° redactou e leu a súa biografía. O alumnado de infantil fixo un caligrama dun violino (o instrumento que aprendeu Luísa) con unha das súas brincadeiras. Ademais diso, aprenderon dúas cancións coa frauta e bailaron Terra das Tanxuguerias. Rematamos a celebración cantando o himno galego e diversas cancións na nosa lingua. Que vivan as letras galegas!

 



story | by Dr. Radut