Benqueridas familias, e benqueridas alumnas e alumnos do Pepe de Xan Baña:Para os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega é unha honra estrear este blogue. Énchenos de ledicia escoitar tanto galego na voz das nenas e nenos, e queremos aproveitar para darvos as grazas por ter escollido dirixirvos @s vos@s pequen@s na nosa fermosa lingua. Grazas a que elas/es o falan, está garantido o futuro do galego.
No día de hoxe celébrase as Letras Galegas homenaxeando ó autor ferrolán Ricardo Carballo (Carvalho) Calero. Este persoeiro, destaca principalmente no século XX pola súa dedicación e contribución ó estudo da lingua galega chegando á cátedra de Lingua e Literatura Galega e pola extensa bibliografía que deixou para a posteridade.
Este mércores 14 de outubro, as nenas e nenos de 1º e 2º recibimos unha agradable visita da man de Braulio dos Bolechas que veu co seu amigo Martín a explicarnos que é o 112 e como se debe empregar. Aprendemos tanto que ata fixemos un rap!