Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO (1-20 DE MARZO)

 

Dende o 1 ao 20 de marzo, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado.  A documentación que deben presentar é a seguinte:

 

       Impreso de solicitude de admisión – Anexo II (poden recollelo no centro).

 

       Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

 

       Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

 

       Documento acredtitativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa.

 

       Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

              Só se pode presentar unha solicitude, no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma fará perder o dereito de todas as solicitudes presentadas.

 

              No caso de cambiar de centro, os pais/nais ou titores legais do alumnado, deberanlle remitir ao centro de procedencia unha copia da solicitude que formulen para ser admitidos noutro centro.

 

              Se finalizado o prazo de matrícula non se formalizase a mesma, decaerá o dereito á praza obtida.

 

 

 

LEMBRADE QUE O PROCESO DE ADMISIÓN SÓ É PARA NOVO ALUMNADO QUE QUEIRA MATRICULARSE NO CENTRO PARA O CURSO 2019/20

 

 

 

Traba-Castriz, 25 de febreiro de 2019

 

 

 

 

 

O Equipo Directivo

 

AdxuntoTamaño
anexo_ii_formulario_de_admision.pdf1.13 MB


blog | by Dr. Radut