Skip to Content

XOGADE

Na xélida mañá de hoxe, tivemos a sorte de contar coas cativas e cativos do Colexio Público Xacinto Amigo Lera para participar nunha nova xornada de XOGADE.

 

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma, dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta de Galicia: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade desde as idades máis temperás.



story | by Dr. Radut