Skip to Content

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Comezo das fases de reserva en centros de adscripción 

A partir do día de hoxe, 11 de xaneiro do 2021, inícianse os trámites do procedemento para reservar praza nun centro de adscripción para o alumnado que cambia de etapa. No noso centro isto é para os alumnos de SEXTO de Educación Primaria que desexen continuar estudos no centro adscrito IES Terra de Xallas.

Neste caso deben traer cumprimentado o formulario engadido no anexo ao centro ou facer o trámite a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

O prazo de solicitude abrangue do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021.

 

 

 

AdxuntoTamaño
ED550A-Galego_2021_2022.pdf1.33 MB
ED550A-Castelán_2021_2022.pdf1.33 MB


blog | by Dr. Radut