PECHE DE CENTROS EDUCATIVOS DEBIDO AO COVID-19
Estimadas familias:Informámosvos de que a Xunta de Galicia, a través dunha rolda de prensa do presidente Alberto Núñez Feijoo, acaba de ordenar a cancelación de toda actividade nos centros educativos galegos debido á situación do COVID-19 (Coronavirus). Esta medida entrará en vigor os vindeiros días naturais a partir do 16 de marzo. O presidente da Xunta de Galicia pedíu que, se é posible, o alumnado non asista ó colexio mañá venres, aínda que os colexios estarán abertos para atender ao alumnado que por cuestións de organización familiar, non podan quedar na casa. A partir do luns 16 de marzo os colexios permanecerán pechados. Todas aquelas actividades previstas para mañá, como poden ser exames, quedan suprimidos debido a esta causa excepcional. A medida que teñamos máis información irémosvos informando a través desta páxina web. Un saúdo cordial. Na seguinte ligazón atoparedes a información necesaria: http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus