8-M Día Internacional da muller
Dende a semana pasada até hoxe, conmemoramos o Día Internacional da Muller. O venres puidemos disfrutar da "Trastenda dos contos" de Caxoto, a través da narración dun conto no que a protagonista conseguía o seu máis ansiado desexo, ser pirata. E hoxe, presentamos unhas clases a outras, mulleres de distintos ámbitos, facendo énfase especialmente en Rosalía de Castro, imaxe icónica galega na loita pola igualdade da muller.