Skip to Content

Blog

https://bibliodecipriano.blogspot.com/

DÍA DO LIBRO

Hoxe conmemamos o Día do Libro cunha recopilación de portadas que o noso alumnado recreou nas súas casas. Sodes uns artistas, porque o resultado quedou excelente. Cipriano está moi orgulloso!!

Nunca deixes de ler!!

Inauguración do recuncho de familias

O pasado día 15 de maio, coincidindo co día das familias, inauguramos o noso pequeno recuncho de familias que Cipriano creou con fondos que poden ser de interese para as familias do noso alumnado. 

Queremos agradecer ao equipo directivo, ao claustro de mestres/as e a Bea (asesora de bibliotecas escolares) pola participación e apoio nesta inauguración. Pouco a pouco iremos facendo medrar este recuncho.

 

 

Moitas grazas a tod@s por seguir facendo medrar a Biblio de Cipriano.

Semana das matemáticas

A semana pasada celebramos a SEMANA DAS MATEMÁTICAS na nosa biblio de Cipriano. Acudiron todas as aulas do cole, tanto de infantil coma de primaria para facer xogos de mesa de matemáticas e así repasar contidos de dita materia. Pasámolo xenial!!!

Inauguración Recuncho de Familias

O vindeiro luns 15 de maio, coincidindo co día das familias, ás 18.00h imos inaugurar o noso novo RECUNCHO DE FAMILIAS. Nel poderedes atopar libros de información que poden ser de interese para as familias do noso alumnado. 

No acto inauguración, recibiredes toda a información necesaria sobre este recuncho así como os carnets para aquelas familias que ao comezo de curso quixeron facerse socias da nosa Biblio de Cipriano. 

 

Deixámosvos o tríptico para máis información. 

Contacontos

A semana pasada tivemos a sorte de contar cun contacontos para todo o alumnado do centro. Fixo que o propio alumnado fora o protagonista das diferentes aventuras que foron surxindo. Pasámolo xenial, tanto os pequenos coma os maiores. Deixámosvos un pequeno vídeo de resumo.

 

Lendo na vila, onde les ti?

Seguindo co noso proxecto de centro e baixo o lema "Lendo na vila, onde les ti?", o noso alumnado escolleu diferenetes recunchos do noso pobo para mostrarnos os seus libros favoritos. Desta maneira conmemoramos o Día do libro. Recoñeces todos os lugares?

Nunca deixedes de ler!!

Día do libro 2023

Entramos na semana da conmemoración do día do libro, que terá lugar o vindeiro domingo 23 de abril. Tendo presente o noso proxecto de centro de Cipriano na Península Da Paz animámosvos a realizar a seguinte actividade:

 

Animádevos a participar, xa que cantas máis fotos recibamos, máis recunchos do noso pobo coñeceremos. Queremos que tod@s e cada un/unha de vós nos recomendedes un libro.

Lembrade temos ata o vindeiro domingo 23 de abril para enviar as fotografías ao correo abibliodecipriano@gmail.com

Moitas grazas!!

 

Día de Rosalía de Castro

Hoxe, 23 de febreiro, é o día de Rosalía de Castro e o equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega propuxeron ao alumnado crear uns cartaces con poemas de Rosalía de Castro.

Aquí podedes ver o bo resultado do traballo do noso alumnado e dos seus mestres e mestras.

 

II Semana Da Inclusión

Rematada a nosa II Semana Da Inclusión, só podemos dar as grazas a todas aquelas persoas que a fixeron posible. Foron varias actividades que permiten crear experiencias no noso alumnado. 

Coñecemos os servizos de emerxencia do concello

No día de onte, e seguindo co noso proxecto de "Cipriano na Península Da Paz", tivemos a sorte de coñecer os nosos servizos de emerxencias. Visitáronnos os G.E.S. de Cervo, que nos ensinaron a saír dunha casa con moito fume, as primeiras nocións para realizar a RCP, subimos a un camión de bombeiros e extinguimos un fogo cun extintor. Todo o centro tivo a oportunidade de coñecelos e foi unha boa experiencia. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut