Skip to Content

Novas

DIA INTERNATIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Día especial no que queremos dar visibilidade con diversas actividades ás persoas con cualquiera tipo de discapacidade.

O PASO AO INSTITUTO

Xa falta menos para que o noso alumnado de 6º dea o salto ao Instituto!

 
Isto me fai supoñer que estaredes nerviosos e á espectativa, e que teredes moitas dúbidas sobre como será o Instituto e a Educación Secundaria, por iso elaborei esta presentación, na que vos falo sobre os cambios máis importantes que atoparedes na E.S.O.
 
Picade no enlace para acceder á presentación. Espero que vos sirva de axuda.
 
 
 
 
 
 
Ademais da presentación, deixo un resumo escrito coa información máis relevante deste cambio:
 
 

 

 

 

 

INFORMACIÓN ACERCA DO IES

O alumnado de sexto e as vosas familias afrontades o paso ao instituto dende esta situación excepcional e, probablemente, sintades certa inseguridade con respecto a este tema. Dende o Departamento de Orientación gustaríanos poder acompañar este proceso de cambio, coma sempre facemos dende o cole, polo que queremos colaborar aportando información que vos axude a coñecer o voso instituto.
Dende o IES Marqués de Sargadelos transmítennos tranquilidade e manifestan actitude de axuda e comprensión de cara ao novo alumnado. A visita de presentación ao IES pensamos que non se poderá realizar da forma en que se viña facendo, pero buscaremos unha alternativa para que poidades coñecer as instalacións e o programa de estudos antes de empezar o vindeiro curso.
Mentres, déixovos o enlace coa páxina do instituto, onde atoparedes información sobre os horarios, oferta educativa, instalacións, prazos e documentos de matriculación, etc.
 
 

 

 
 
TLF: 982870193
E-MAIL: ies.marques.sargadelos@edu.xunta.gal
 
Deixo tamén o enlace ao Departamento de Orientación do IES, no que atoparedes o  mail de contacto coa orientadora do centro luciaveganunez@edu.xunta.es
 
 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Este enlace vos levará á entrada do blogue do Departamento de Orientación onde están colgadas as propostas feitas pola nosa profe Andrea, especialista en Audición e Linguaxe.

 

https://orientacioncervosanciprian.blogspot.com/2020/04/propostas-audicion-e-linguaxe.html

 

 

SEMPRE BUSCANDO O LADO POSITIVO. Profe Alicia (Especialista P.T.)

Achega da profe Alicia nestes momentos tan difíciles para tod@s. Ánimo!

INSTRUCCIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

No arquivo adxunto tedes unhas recomendacións de Isabel Vazquez, a nosa Orientadora, para as familias

O DADO DAS EMOCIÓNS

Con este recurso tan sinxeliño podemos traballar as emocións cos máis pequenos, ademáis da psicomotricidade fina ao elaboralo (recortando e pegando). Si abrides o enlace que leva ao blogue do D.O. atoparedes ideas de como xogar con él. 

https://orientacioncervosanciprian.blogspot.com/2020/04/o-dado-das-emocions.html

ENLACE AO BLOGUE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

https://orientacioncervosanciprian.blogspot.com/

 

Se necesitades contactar co Departameto de Orientación, podédelo facer a través do blogue, picando nas tres raíñas que aparecen no ángulo superior esquerdo. Ahí poderedes escribir a vosa mensaxe (que non será visible para os demáis) e a Orientadora a recibirá a través do seu correo electrónico.

Visita IES MARQUÉS DE SARGADELOS

O alumnado de 6º de Primaria realizou onte unha visita ao IES Marqués de Sargadelos, onde gozaron dunha xornada de convivencia co alumnado de 1º da ESO e cos compañeiros e compañeiras de 6º do CEIP de Cervo.

Á súa chegada, foron recibidos polo director e o orientador do centro, e logo da benvida e da visita ás instalacións do instituto, realizaron varios xogos organizados polo alumnado do IES.

Por último, e para pechar a visita, dirixíronse á cafetería do centro onde degustaron uns saborosos petiscos.

En breve publicaremos todas a imáxes no blog de complementarias:

http://ceipcervo1complementarias.blogspot.com/

 

Pasárono xenial!Collage IES

Visita IES MARQUÉS DE SARGADELOS

O alumnado de 6º de Primaria realizou onte unha visita ao IES Marqués de Sargadelos, onde gozaron dunha xornada de convivencia co alumnado de 1º da ESO e cos compañeiros e compañeiras de 6º do CEIP de Cervo.

Á súa chegada, foron recibidos polo director e o orientador do centro, e logo da benvida e da visita ás instalacións do instituto, realizaron varios xogos organizados polo alumnado do IES.

Por último, e para pechar a visita, dirixíronse á cafetería do centro onde degustaron uns saborosos petiscos.

Pasárono xenial!

Distribuir contido


by Dr. Radut