Skip to Content

Curso 2022- 2023

Novidades Novembro: Magosto, Plan ACCIÓN , Mural de Rosalía e Cros en Lourenzá

Finalmente puidemos celebrar o Magosto. O alumnado de 6º de primaria foi o organizador dos xogos nos que participaron 8 equipos capitaneados por alumnos de 5º de primaria.

Fixeron un excelente traballo!

O mesmo día pola tarde os voluntarios de ALCOA achegáronse ao centro para rematar de instalar a nova bancada e as papelerías de separación de residuos GRAZAS o plan ACCIÓN deste ano: PATIOS LIMPOS

O  pasado xoves veunos visitar a muralista Diana Rodeiro para pintar o mural de Rosalía que podedes ver na entrada de infantil.

 

Por último: Alumnado de 3º a 6º de primaria participou nunha carreira de cros en Lourenzá. Corrimos con máis de 900 atletas de toda a Mariña Lucense.

 

SENDEIRISMO + CONVIVENCIA

Excursión de 5º e 6º de Primaria

O pasado xoves 15 de xuño, o alumnado de quinto e sexto de educación primaria realizaba a súa excursión de fin de curso á Área Recreativa Molino de Pedroso en Narón. Foi un día fantástico onde fixeron unha variedade de actividades como escape room, cestería, robótica e sendeirismo.

A túa banda vai ao cole 2.0

No día de onte tivemos unha actividade moi chula organizada pola Banda de Música o Landro de Viveiro, na que o alumnado de segundo, terceiro e cuarto de educación primaria puido vivir a experiencia de escoitar e probar algúns dos instrumentos pertencentes a unha banda. O obxectivo desta actividade foi captar nenos e nenas que se animen a tocar algún instrumento nesta agrupación. 

Deixamos un vídeo resumo:

Déixovos o formulario por se fose do voso interese.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdTMr4n6e9Ds4MsdjYF5mu8bvwNgeknnje0LTk0047dRfhIHw/viewform?fbclid=IwAR1Bm34XAxTA65c7ijNTnz7kt2Fm8vnn30otK79_mKHNptThbnStnGBp9to_aem_th_AaXHg_5VXB-XO688wJKeh_Qda3qaGIhOLQDYpBxuq-MefEMlurds_vZ4sXL6LHlXF4Q

 

 

 

Inauguración do recuncho de familias

O pasado día 15 de maio, coincidindo co día das familias, inauguramos o noso pequeno recuncho de familias que Cipriano creou con fondos que poden ser de interese para as familias do noso alumnado. 

Queremos agradecer ao equipo directivo, ao claustro de mestres/as e a Bea (asesora de bibliotecas escolares) pola participación e apoio nesta inauguración. Pouco a pouco iremos facendo medrar este recuncho.

 

 

Moitas grazas a tod@s por seguir facendo medrar a Biblio de Cipriano.

EXCURSIÓN A LUARCA 1º E 2º DE EP

O día 5 de maio, o alumnado de 1º e 2º de EP xunto coas súas titoras, foron de excursión a Luarca a visitar o Parque da Vida e o "Bosque Jardín de la Fonte Baxa". 

Semana das matemáticas

A semana pasada celebramos a SEMANA DAS MATEMÁTICAS na nosa biblio de Cipriano. Acudiron todas as aulas do cole, tanto de infantil coma de primaria para facer xogos de mesa de matemáticas e así repasar contidos de dita materia. Pasámolo xenial!!!

Inauguración Recuncho de Familias

O vindeiro luns 15 de maio, coincidindo co día das familias, ás 18.00h imos inaugurar o noso novo RECUNCHO DE FAMILIAS. Nel poderedes atopar libros de información que poden ser de interese para as familias do noso alumnado. 

No acto inauguración, recibiredes toda a información necesaria sobre este recuncho así como os carnets para aquelas familias que ao comezo de curso quixeron facerse socias da nosa Biblio de Cipriano. 

 

Deixámosvos o tríptico para máis información. 

Contacontos

A semana pasada tivemos a sorte de contar cun contacontos para todo o alumnado do centro. Fixo que o propio alumnado fora o protagonista das diferentes aventuras que foron surxindo. Pasámolo xenial, tanto os pequenos coma os maiores. Deixámosvos un pequeno vídeo de resumo.

 

Lendo na vila, onde les ti?

Seguindo co noso proxecto de centro e baixo o lema "Lendo na vila, onde les ti?", o noso alumnado escolleu diferenetes recunchos do noso pobo para mostrarnos os seus libros favoritos. Desta maneira conmemoramos o Día do libro. Recoñeces todos os lugares?

Nunca deixedes de ler!!

Distribuir contido


by Dr. Radut