Durante o mes de novembro terá lugar no CEIP Península da Paz a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.
Segundo o Decreto 92/1988 do 28 de abril e a Resolución do 10 de setembro de 2024, establécese o calendario para a renovación parcial dos Consellos Escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
No CEIP Península da Paz, correspóndenos renovar tres nais/pais e dous mestras/es. O luns, 21 de outubro, celebrarase o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral, encargada de xestionar o proceso.
O 25 de outubro procederase á constitución da mesma e irase publicando toda a información relacionada.
Dende o Centro,animamos ás familias a formar parte do Consello Escolar, órgano que permite a conexión do centro coas familias.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CALENDARIO RENOVACIÓN Consello Escolar 24-25.pdf | 99.87 KB |
MODELO PRESENTACIÓN CANDIDATURAS NAIS-PAIS.pdf | 81.99 KB |