Estimadas familias;
O vindeiro venres, día 22 de Xuño, faremos a FESTA FIN DE CURSO. O programa do día será o seguinte:
11:00 Merenda nas aulas. ANPA convídanos a biscoito.
11:30 14:00 FESTA DA AUGA con inchables acuáticos.
14:00 Cambio de vestiario e recollida do material nas aulas.
Nesta festa poderán traer algún tipo de trebello que dispare auga .
Temos contratados coa ANPA uns inchables de auga. Na festa da auga está convidada toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. Cada neno poderá vir vestido con elementos propios para a auga como bañador ou chuvasqueiro. Pero tamén poderán traer outros elementos como gafas, neoprenos… Para participar so pediremos que traian unha muda de roupa completa (roupa interior e calzado incluído), unha toalla para secarse e unha bolsa grande para levar a roupa mollada e as pistolas.
Poderán xogar cos disparadores ou montar nos tobogáns. Todo aquel que apareza alí dentro asume que pode ser mollado en calquera momento. Alí non serán válidas as treguas. Do mesmo modo habilitaremos una zona de seco (patio de infantil) onde non estará permitido mollar a ninguén e respectarase a todos aqueles que non desexen mollarse.
Ao rematar a festa as familias poderán axudar a cambiarse aos máis pequenos.
Grazas pola vosa colaboración. Espero que gocedes da festa.
Un saúdo
O Equipo de Actividades Complementarias.