O pasado xoves 15 de xuño, o alumnado de quinto e sexto de educación primaria realizaba a súa excursión de fin de curso á Área Recreativa Molino de Pedroso en Narón. Foi un día fantástico onde fixeron unha variedade de actividades como escape room, cestería, robótica e sendeirismo.