Skip to Content

O ALUMNADO DE SEXTO É O PROTAGONISTA

O pasado xoves preparamos unha sorpresa para o noso alumnado de sexto de educación primaria, xa que continúa a súa aventura educativa no instituto o próximo curso. 

O seu titor fixo un vídeo dos nove anos que a maioría do alumnado de sexto estivo no cole, é dicir, dende os tres aniños.

 

Todo o alumnado do centro e o profesorado preparou uns agasallos para cada un deles, recibiron tamén un diploma e a orla. Este día especial para o alumnao de sexto de educación primaria, tivo momento de emoción, de risas, de recordos...no seguinte vídeo imos ver un resumo deste día de celebración, xa que aínda que se vaian para o instituto sempre formarán parte do CEIP Península Da Paz.

 



page | by Dr. Radut