Skip to Content

Quincena do PATÍN. CEIP PENÍNSULA DA PAZ

Un ano máis rematamos a quincena do Patín.

Seguimos promocianando dende o centro o patinaxe en todas as súas vertientes. Nestas sesións aprendimos a desenvolver distintas habilidades en skates, patíns en liña, patíns de artística, surfskates, longskates e scooters.

Patinamos  nas sesións de EF e nos recreos na pista do colexio e no magnífico bowl de San Cibrao. 

Este ano contamos coa axuda de Juan, un  local con grandes habilidades na modalidade de skate, e máis con Samu: experto na modalidade roller. 

Estou moi orgulloso co meu alumnado no progreso das habilidades nas distintas modalidades do patín.

Cada ano o nivel é máis alto e no vídeo xa se pode apreciar. 

Grazas ás familias, mestres e conserxe que sempre foron de gran axuda para desenvolver esta actividade.

Grazas en xeral a todos aqueles que están contribuindo dunha ou doutra forma a que a nosa pequena vila sexa un referente no mundo do patín na Mariña lucense: Evaristo, Charly, Rebeca...

O ano que ven... máis e mellor. 

 



blog | by Dr. Radut