Skip to Content

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Durante o mes de novembro terá lugar no CEIP Península da Paz a renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

Segundo o Decreto 92/1988 do 28 de abril e a  Resolución do 10 de setembro de 2024, establécese o calendario para a renovación parcial dos Consellos Escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

No CEIP Península da Paz, correspóndenos renovar tres nais/pais e dous mestras/es. O luns, 21 de outubro, celebrarase o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral, encargada de xestionar o proceso.

O 25 de outubro procederase á constitución da mesma e irase publicando toda a información relacionada.

Dende o Centro,animamos ás familias a formar parte do Consello Escolar, órgano que permite a conexión do centro coas familias.

AdxuntoTamaño
CALENDARIO RENOVACIÓN Consello Escolar 24-25.pdf99.87 KB
MODELO PRESENTACIÓN CANDIDATURAS NAIS-PAIS.pdf81.99 KB


page | by Dr. Radut