Skip to Content

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

 

O pasado 12 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia  a Orde que regula a distribución de máscaras entre o alumnado.

 O alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar no presente curso (vale de 50 euros). NON TEN QUE PRESENTAR NADA para recibir as máscaras.

Debe presentar solicitude o alumnado que non é beneficiario do vale de material no curso actual e cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.
  • Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alunado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

As solucitudes entregaranse de xeito presencial no centro, aportando a documentación que recolle a ORDE.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (desde o 15 ao 26 de novembro).

 



page | by Dr. Radut