Skip to Content

PROXECTO DE CENTRO: AS EMOCIÓNS

Estimadas familias;

Tras varias reunións do claustro decidimos elaborar un proxecto conxunto proposto dende o Departamento de Orientación. Este proxecto ten como obxectivo trazar  as liñas de traballo xerais  para estes días de confinamento.

 O proxecto vai versar sobre AS EMOCIÓNS. Escollemos esta temática partindo da idea que o noso obxectivo principal nas etapas  de infantil e primaria é A FORMACIÓN INTEGRAL DA PERSOA. Nestes días no que a transmisión de contidos está limitada polas trabas do ensino non presencial, tivemos que reflexionar como mestres qué era o prioritario, que obxectivos fundamentais queremos que cheguen ao noso alumnado. Entón valoramos que o manexo das EMOCIÓNS debería ser o eixo do que non debemos afastarnos.

Isto quere dicir que nas vindeiras semanas  veredes que moitas das  propostas de traballo que vos chegarán estarán deseñadas de xeito interdisciplinar (tanto dende as distintas áreas dos titores como nas especialidades) a partires dunha emoción proposta polo equipo de orientación.  O material achegado moitas veces será un contido que directamente traballe sobre emocións, pero noutras ocasións traballarase de xeito transversal. 

O vindeiro martes, 5 de maio, comezaremos. Publicaremos a EMOCIÓN que imos traballar  nas dúas vindeiras semanas.  Os contidos achegados terán para todos os niveis esa temática de fondo.

Por último insistimos en  remarcar que isto non conleva que os nenos van recibir un traballo extra. Queremos facer fincapé en que só implica unha readaptación da nosa  programación que NÓS (os mestres e mestras) facemos para mellorar a calidade do ensino en tempos de confinamento.



blog | by Dr. Radut