Skip to Content

Recomendacións Xeráis

Estimadas familias. Dende o CEIP PENÍNSULA DA PAZ, suxerimos unha serie de recomendacións para os vindeiros días.

1- Establecer horarios: Os nenos teñen que entender que non están de vacacións. A elaboración dunha rutina para o día a día favorecerá a convivencia. As rutinas dan estabilidade emocional aos máis pequenos e tamén aos adultos.

2- Os nenos van ter moito tempo na casa. Na programación das rutinas podemos incluir tempo adicado á televisión, videoxogos e tablets. Establecede os tempos para cada unha das actividades evitando sempre os excesos. Recomendamos que esta rutina sexa similar á do día habitual cando teñen escola: Pola mañá poden traballar en actividades académicas (coas suas pausas e descansos para xogar). Polas tardes sería o momento propicio para dedicarse a manualidades, xogos en familia, actividades físicas (dentro do espacio e material dispoñible), etc.

3- Nas rutinas aconsellamos que programedes videoconferencias, chamadas e chats con familiares e amigos. Ainda que no día a día aconsellamos que o contacto físico é a mellor forma de socializar cos iguais, estamos nunhas circunstancias que para manter o contacto teremos que recurrir á tecnoloxía. 

4- Evitade, dentro do posible, monopolizar as conversas relativas ao monotema. Os nenos reciben ás nosas preocupacións. 

5- Tede paciencia cos máis pequenos. Tomade conciencia que nunca estiverón tanto tempo na casa e, ainda que programemos unha rutina completísima e variada, os nenos aburriranse de estar na casa e apareceran problemas de convivencia. Evitade que os conflitos vaian a maiores e tomade unha dosis extra de paciencia.

6- Estamos nunha situación que debemos buscar novas motivacións ou proxectar experiencias que non fixemos antes por falta de tempo: Aprender a cociñar, facer manualidades,  lectura, redecorar a habitación...etc.

7- O máis importante: Seguir estrictamente as recomendacións das autoridades para volver á normalidade canto antes. 



blog | by Dr. Radut