O Concello de Cervo organiza a Semana do Ourizo. Participamos en dúas actividades. A primeira foi unhas charlas no colexio sobre o a contorna marítima e as peculiaridades do ourizo.
Na segunda actividade fomos á praia de Cubelas para ver o ecosistema que habita o ourizo.
A continuación tedes algunha das imaxes das actividades.
Clicade neste enlace para ver as imaxes
Ao final non perdades algo único que tivemos o privilexio de contemplar alí en directo: Un cangrexo mudando o seu caparazón.