O alumnado de 6º de Primaria realizou onte unha visita ao IES Marqués de Sargadelos, onde gozaron dunha xornada de convivencia co alumnado de 1º da ESO e cos compañeiros e compañeiras de 6º do CEIP de Cervo.
Á súa chegada, foron recibidos polo director e o orientador do centro, e logo da benvida e da visita ás instalacións do instituto, realizaron varios xogos organizados polo alumnado do IES.
Por último, e para pechar a visita, dirixíronse á cafetería do centro onde degustaron uns saborosos petiscos.
En breve publicaremos todas a imáxes no blog de complementarias:
http://ceipcervo1complementarias.blogspot.com/
Pasárono xenial!