Skip to Content

blogue deluis

ACTIVIDADES DE SAMAÍN NO CEIP PENÍNSULA DA PAZ E INAUGURACIÓN DAS PISTAS DE ATLETISMO

Estimadas familias. A continuación tedes unha mostra das actividades que fixemos no centro os pasados 30 e 31 de outubro. Espero que o disfrutedes. 

FESTA DE SAMAÍN:

BEBERAXES: 

 

 

IINFANTIL: OBRADOIRO DE COCIÑA DE SAMAÍN:

PEQUECHES POR SAMAÍN:

https://elsitiodemirecreo-alena.blogspot.com/2023/11/pequechef-por-samai...

SAMAÍN EN INFANTIL:

https://elsitiodemirecreo-alena.blogspot.com/2023/11/samain-2023.html

INAUGURACIÓN DAS PISTAS DE ATLETISMO: 

Entra no seguinte enlace para ver as fotos con Adrián Ben e máis!!!!

https://nosoloesgimnasia.blogspot.com/2023/11/fotos-inauguracion-pistas-...

 

 

 

 

 

SERVIZO DE COMEDOR: MENÚS NOVEMBRO 2023

Adxuntamos os menús para o mes de novembro de 2023

EDUCANDO EN FAMILIA, CONCELLO DE CERVO

PROGRAMA EDUCANDO EN FAMILIA 



 REUNIÓN INFORMATIVA:

  • Miércoles 20 de setembro
  • 17.00 Horas
  • Auditorio da Casa da Cultura
  •  Dirixido a familias con fillos de 0 a 6 anos


Educando en Familia é un programa que ten como fin contribuír á formación das familias e así mesmo axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.

Nesta reunión informativa explicaranse as actividades a realizar durante o curso, que irán dende actividades grupais con familias con nenos/as de 0 a 6 anos, sesións formativas para familias (sen nenos/as), e charlas-coloquios con avós e avoas,…

Benvidos ao curso 23-24

Desexamos a toda a comunidades educativa que teñades un bo curso.

SENDEIRISMO + CONVIVENCIA

FESTA DA AUGA!!! MÉRCORES, 21 DE XUÑO

Estimadas familias;

 

O próximo mércores, día 21 de Xuño, faremos a FESTA DA AUGA. O programa do día será o seguinte:

 

11:00 Última merenda do curso nas aulas.

11:30 FESTA DA AUGA

14:00 Cambio de vestiario e recollida do material nas aulas.

 

Este ano, a ANPA e o centro ten contratados tobogáns e inchables acuáticos.

Tamén faremos xogos con globos e disparadores de auga.

Deberán traer algún tipo de artiluxio que dispare auga que empregarán nos xogos. Na festa da auga está invitada toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias. Cada neno poderá vir vestido con elementos propios para a auga como bañador ou chuvasqueiro, gafas, neoprenos… Para participar so pediremos que traian unha muda de roupa completa (roupa interior e calzado incluído), unha toalla e unha bolsa grande para levar a roupa mollada e os artiluxios.

Realizaremos distintos xogos na pista de fútbol. Habilitaremos unha zona de seco onde non estará permitido mollar a ninguén e respectarase a todos aqueles que non desexen mollarse.

Ao rematar a festa as familias poderán axudar a cambiarse aos máis pequenos (infantil)

Gracias pola vosa colaboración. Espero que disfrutedes da festa.

 

 

 

Un saúdo

 

O Equipo de Actividades Complementarias.

Quincena do Patín 2023

Grazas a mestres, familias e alumnado!!!! Somos referentes na provincia no mundo do patín. 

Espero que disfrutedes das imaxes

.... e non perdades as tomas falsas do final do vídeo!!!!!!

AMARIÑA STREET GAMES. II EDICIÓN DE EF NA RÚA EN SAN CIBRAO.

Onte en San Cibrao, máis de 400 alumnos de toda a Mariña Lucense disfrutaron de unha xornada adicada aos "Sreet games". Poideron practicar, fútbol praia, break dance, comba, basket 3x3, fúbol freestyle, chase tag, skate, parkour, slackline e balance board. 

Contamos coa colaboración da Consellería (XOGADE), Concello de Cervo, HOLAOLA e Evaristo no Skate Park , Anxo e Artur na estación de brake dance, xogadores do Buresa FS nas de fútbol e o alumnado de TAFAD de o IES Monte castelo. 

A actividade foi organizada polo SEF (Seminario de EF da Mariña) agrupación de mestres que levamos traballando xuntos dende o 2017. 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Saíu a convocatoria de becas e axudas para o alumnado con NEAE do Ministerioa para o curso 23/24. O prazo para a solicitude será entre o 8 de maio e o 20 de setembro.

Para máis info entrade nos seguintes enlaces:

Tipos de ayudas y becas. 

Normativa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut