Skip to Content
Ctra. de Río Cobo, s/n Lieiro Cervo, 27890 San Cibrao - Lugo Tlfs. 982 829250 (secretaría/conserxería) 982 829251 (dirección) Enderezo de correo-e: ceip.peninsuladapaz@edu.xunta.gal

SAÍDA CONTORNO LUNS 24 DE SETEMBRO

O vindeiro luns 24 de Setembro en horario de 10 h a 11:30 h o alumnado de E.Primaria e 6º E. Infantil (5 anos) participará nas actividades da II Semana de Prevención de Incendios a celebrar no Pavillón da Veiga e organizada polo Concello de Cervo. O alumnado debe ter asinada e presentada no centro a autorización de saídas no contorno.

REUNIÓN FAMILIAS 5º E. PRIMARIA

 

O vindeiro luns 17 de setembro ás 17:00 h están convocadas as familias do alumnado de 5º E. Primaria a unha xuntanza para abordar o tema do Proxecto E-Dixgal para o que foi seleccionado o centro. Agardamos a súa presenza.

 

CURSO 2018-2019

HOXE MÉRCORES COMEZA O NOVO CURSO ESCOLAR 2018-2019 DENTRO DO HORARIO LECTIVO HABITUAL 9:30 H A 14:30 H. AGÁS O ALUMNADO DE 4º E. INFANTIL (3 anos) QUE SEGUIRÁ O PERÍODO DE ADAPTACIÓN ESTABLECIDO. CONTAREMOS COS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS HABITUAIS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR. LEMBRAR QUE O ALUMNADO DEBE TRAER A SÚA PROPIA MERENDA DE MEDIA MAÑÁ.

BO CURSO PARA TODOS/AS!!!

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA Curso 2018-19

 

Resultado de imagen de formalización matrícula

 

O período ordinario para formalizar a matrícula (só alumnado que cambia de etapa educativa), é dicir, o alumnado de nova incorporación ao centro (4º E. infantil, 3 anos) e 1º E. Primaria, para o curso 2018-2019, abranguerá desde o día 20 de xuño ata o 30 de xuño. O resto do alumnado é matriculado directamente.

Deberán cubrir o impreso adxunto ANEXO III-1 e entregalo ao titor/a do seu fillo/a ou na secretaría do centro en horario de 9:30 h a 14:30 h.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO ESCOLAR 2018/19

(ATA 22 DE XUÑO DE 2018)

Piollos no centro!

Estimadas familias,                                                                                                       

Queremos informarlles que recentemente detectamos algún caso de piollos no noso centro.

Os piollos son parásitos que habitan exclusivamente na cabeza humana e se contaxian moi facilmente por contacto directo. Para manter o brote baixo control pedimos a vosa colaboración e recomendamos que sigan as seguintes recomendacións:

 Tratamento

Si detectamos piollos o primeiro paso é non alarmarse e tranquilizarse. Os piollos afectan a persoas de calquera idade aínda que son os nenos/as, polos seus hábitos, os que maior risco de contaxio teñen. A súa presenza non está relacionada coa suciedade polo que se trata simplemente de prepararse para afrontalo con naturalidade.

Un tratamento pediculicida eficaz baséase en tres pasos básicos:

1 Eliminar os piollos: Aplicar a loción antipiollos sobre o pelo seco seguindo as instrucións do produto detidamente.

2 Retirar piollos e lendres mortas: Recoméndase o uso dunha lendreira ou peite de púas estreitas. Ademais existen produtos especificamente para facilitar a eliminación mecánica a base de ingredentes que disolven a sustancia que fai que as lendres resulten tan difíciles de extraer.

3 Protexer de novos contaxios. Unha vez realizados os pasos anteriores, recoméndase utilizar un produto repelente sempre que exista risco de contaxio.

IMPORTANTE: Ningún produto elimina  100% as lendres. Por iso recoméndase repetir o tratamento ao cabo de 7-10 días, tempo de incubación necesario para que os ovos eclosionen e se convertan en piollos.

Recomendacións

-  Evita o intercambio de cepillos, peites, bufandas, gorras e toallas mentres exista risco de contaxio. -  Se ten o pelo largo é mellor que o leve recollido, co pescozo despexado é máis difícil que volva a ter piollos.

 -  Lava todos os obxectos que tiveran contacto coa cabeza con auga ben quente.

 -  E lembra que avisando a teu entorno axudarás a previr o contaxio doutros nenos/as.

Grazas pola vosa colaboración.

DÍPTICO SOBRE SEGURO EQUIPOS EDIXGAL

No díptico adxunto podedes contratar o seguro de accidentes dos equipos e-dixgal.

Obradoiro de reciclaxe do Concello

Letras Galegas 2021

   Este ano para celebrar o Día das Letras Galegas as mestras de Educación Infantil entre outras actividades elaboramos un vídeo sobre dito día e a vida e obra de Xela Arias Castaño.

https://youtu.be/SqAd1N7fTys

 

IMPRIMIMOS POR TI

 

Distribuir contido


by Dr. Radut