Skip to Content

blogue deluis

Samaín 2019

 

Aquí tedes algunhas das imaxes do noso Samaín de 2019. 

Ao final das imaxes podedes abrir os arquivos adxuntos para ver as fotos máis grandes

Fotos Circuito Educación Vial Plan Acción . Voluntariado de ALCOA

 Grazas a pais, nais e alumnado; voluntarios de ALCOA e todos aqueles que dalgún xeito participástedes neste proxecto. Ainda queda por facer algúns detalles pero o principal xa o temos rematado. Quedaron superadas con creces as espectativas en canto á colaboración e implicación de toda a comunidade educativa. Así da gusto!!!!

Captura_2.JPG

Circuito Educación Vial. PLAN ACCIÓN DE ALCOA

Calendario Escolar 2021-2022

Benvidos/as a un novo curso escolar! Aquí tedes o calendario deste ano. Os dous días non lectivos : 7 de decembro e 16 de maio son os días escollidos como non lectivos polo centro, ainda que están pendentes de aprobación no consello escolar.

Ver calendario ampliado no arquivo adxunto.

 

 

 

Piollos no centro!

Estimadas familias,                                                                                                       

Queremos informarlles que recentemente detectamos algún caso de piollos no noso centro.

Os piollos son parásitos que habitan exclusivamente na cabeza humana e se contaxian moi facilmente por contacto directo. Para manter o brote baixo control pedimos a vosa colaboración e recomendamos que sigan as seguintes recomendacións:

 Tratamento

Si detectamos piollos o primeiro paso é non alarmarse e tranquilizarse. Os piollos afectan a persoas de calquera idade aínda que son os nenos/as, polos seus hábitos, os que maior risco de contaxio teñen. A súa presenza non está relacionada coa suciedade polo que se trata simplemente de prepararse para afrontalo con naturalidade.

Un tratamento pediculicida eficaz baséase en tres pasos básicos:

1 Eliminar os piollos: Aplicar a loción antipiollos sobre o pelo seco seguindo as instrucións do produto detidamente.

2 Retirar piollos e lendres mortas: Recoméndase o uso dunha lendreira ou peite de púas estreitas. Ademais existen produtos especificamente para facilitar a eliminación mecánica a base de ingredentes que disolven a sustancia que fai que as lendres resulten tan difíciles de extraer.

3 Protexer de novos contaxios. Unha vez realizados os pasos anteriores, recoméndase utilizar un produto repelente sempre que exista risco de contaxio.

IMPORTANTE: Ningún produto elimina  100% as lendres. Por iso recoméndase repetir o tratamento ao cabo de 7-10 días, tempo de incubación necesario para que os ovos eclosionen e se convertan en piollos.

Recomendacións

-  Evita o intercambio de cepillos, peites, bufandas, gorras e toallas mentres exista risco de contaxio. -  Se ten o pelo largo é mellor que o leve recollido, co pescozo despexado é máis difícil que volva a ter piollos.

 -  Lava todos os obxectos que tiveran contacto coa cabeza con auga ben quente.

 -  E lembra que avisando a teu entorno axudarás a previr o contaxio doutros nenos/as.

Grazas pola vosa colaboración.

CURSO ACOSO ESCOLAR E CIBERACOSO

Curso promovido pola Consellería de Política Social, o vindeiro luns 14 de outubro. Entre as 16:00 e as 22:00

Se estades interesados contactade coa ANPA do centro. 

Cartel do evento no arquivo adxunto.

 

DÍPTICO SOBRE SEGURO EQUIPOS EDIXGAL

No díptico adxunto podedes contratar o seguro de accidentes dos equipos e-dixgal.

CURSO DE COMPETENCIAS PARENTÁIS DO CONCELLO DE CERVO

De parte da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, xuntamos información relativa a un curso de competencias parentais que terá lugar o próximo 17 de setembro na Casa do Mar de San Ciprián, por se fose do seu interese e se poden facer difusión tamén do mesmo a través dos medios de comunicación oficiais do centro entre as familias e tamén entre os/as profesionais que poidan estar interesados/as na formación.

As inscricións, de balde, poden realizarse no teléfono 982 55 77 77 a partir deste martes, 3 de setembro.

 

 

Actividade de Skate en Ribadeo con Quique Gárate

 

 

Máis indormación no dosier adxunto

 

 

 

 

Obradoiro de reciclaxe do Concello

Distribuir contido


by Dr. Radut