Skip to Content

Curso 2022- 2023

Ioga no Península Da Paz

Mañá, día 21 de abril, contaremos coa presenza dunha monitora de ioga que realizará unhas sesións con todo o noso alumnado. Esta actividade está encadrada dentro dos Contratos-Programa, e máis concretamente no Emocióna-t. 

 

Día do libro 2023

Entramos na semana da conmemoración do día do libro, que terá lugar o vindeiro domingo 23 de abril. Tendo presente o noso proxecto de centro de Cipriano na Península Da Paz animámosvos a realizar a seguinte actividade:

 

Animádevos a participar, xa que cantas máis fotos recibamos, máis recunchos do noso pobo coñeceremos. Queremos que tod@s e cada un/unha de vós nos recomendedes un libro.

Lembrade temos ata o vindeiro domingo 23 de abril para enviar as fotografías ao correo abibliodecipriano@gmail.com

Moitas grazas!!

 

Día Mundial Da Concienciación do Autismo

Hoxe, día 2 de abril, conmemórase o día mundial da concienciación sobre o autismo, e a nosa comunidade educativa uníuse, unha vez máis, para apoiar tal fin. Cunha actividade vistosa, a cal tivo moita aceptación, e baixo o lema da campaña deste ano #ChamémosllePoloSeuNome deixámosvos este vídeo de apoio.

 

#ChamémosllePoloSeuNome

2 de abril do 2023 - Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

DÍA DA ÁRBORE 2023

Noraboa ao alumnado de 5º de Primaria e en especial a Paula!!!

https://xornaldamariña.gal/occidental/cervo/101937-unha-alumna-do-ceip-peninsula-da-paz-de-cervo-entre-os-ganadores-da-vii-edicion-do-concurso-rosalia-sempre-viva/?utm_source=dlvr.it&utm_medium=facebook

8 M - Día Internacional da muller

No día de onte, conmemoramos o día da muller da mellor forma posible, convidando a diferentes mulleres do noso pobo e conocendo de primeira man moitas historia e traballos que elas realizan, dende a gastronomía ata o coidado dos nosos maiores, pasando polo traballo no faro, persoal do concello e da policía local, as labores dalgúns postos de traballo en ALCOA, coñecendo a saúde mental e a súa asociación e sen esquecer as historias das avoas e bisavoas. Grazas a todas elas polo ratiño que pasaron cos nen@s. 

Día de Rosalía de Castro

Hoxe, 23 de febreiro, é o día de Rosalía de Castro e o equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega propuxeron ao alumnado crear uns cartaces con poemas de Rosalía de Castro.

Aquí podedes ver o bo resultado do traballo do noso alumnado e dos seus mestres e mestras.

 

Excursión AQUARIUM

No día de onte, o alumnado de quinto de educación infantil e segundo de educación primaria do cole visitou o Aquarium de A Coruña, no que puideron ver os diferentes animais mariños.

A continuación, presentamos un vídeo-resumo da excursión.

ENTROIDO 2023

Vídeo do desfile:

 

 

 

Vídeo de UNIDOS POLA PAZ + Programa radiofónico Especial: PAZ NA PENÍNSULA

Estadas familias;

Aqui tedes o programa de radio especial en conmemoración do día da paz  organizado por ERMI OROL, mestra de 5º de primaria: PAZ NA PENÍNSULA

 

Tamén podedes ver o resultado da gravación das imaxes da actividade UNIDOS POLA PAZ, celebrada en San Cibrao no día de onte: 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut