Skip to Content

saídas

VISITA A PONTEVEDRA DO ALUMNADO DE 5º E P

O mércores 25 de maio visitamos a cidade de Pontevedra.

Primeiramente fixemos un percorrido a través da Prehistoria e o mundo Castrexo grazas ao museo da cidade.

Resultou unha viaxe interesantísima ao noso pasaDende o museo cun plano da cidade iniciamos un interesante itinerario polos lugares máis representativos da mesma :

Praza da Leña, Ferrería, Igrexa da Peregrina, Loro Ravachol… para rematar nas ruinas do convento de Santo Domingo, emblemático edificio da arte gótica que vimos de estudar.

Tamén tivemos un tempo de lecer no que puidemos tomar a nosa merenda.

 

 

 

SAÍDA A NATURNOVA DOS NENOS E NENAS DE 2º PRIMARIA

Os nenos e nenas de 2º foron de visita a Naturnova, ademáis de aprender moitas cousas sobre as abellas, incluso a bailar coma elas, disfrutaron dunha viaxe en submarino e interactuaron nas pantallas para descubrir cousas sobre a lúa e os planetas.

VISITA AO CASTELO DE SOBROSO

O alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria rematamos o curso cunha vistia ao Castelo de Sobroso, onde puxemos a proba todos os nosos novos coñecementos sobre os castelos na Idade Media e as súas costumes.

Pasámolo xenial!

 

EXCURSIÓN DE 3º A OLIVEIRA

A semana pasada os alumn@s de 3º visitamos o Castelo de Vilasobroso. A pesar de que o tempo non acompañou moito, resultou unha visita moi interesante.

Despois, fomos visitar o colexio de Santiago de Oliveira, donde coñecimos en persoa, ós compañeiros cos que levamos dende principios de curso mantendo correspondencia. Foi unha experiencia realmente emocionante e inolvidable!!! Pasámolo xenial!!!! Estamos desexando volver a reencontrarnos!!!!

VISITA AO AEROPORTO DE VIGO

O alumnado de 2º de Educación Primaria participou no programa "Conoce + tu aeropuerto" do Aeroporto de Vigo, que achega aos nenos e nenas ás actividades que se levan a cabo alí (tanto nos puntos estratéxicos do percorrido dun pasaxeiro como nas dependencias menos coñecidas polos usuarios; como os servizos de Control de Fauna e o de Extinción de Incendios).

Contamos cun gran guía durante a visita que, con moita paciencia e agarimo explicounos cada un dos puntos e grazas o cal puidemos desfrutar de experiencias inesquecibles. 

Eiquí vos deixamos imaxes desta gran visita!

 

VISITA A VILA ROMANA DE TORALLA

     O alumnado de 5º de primaria xunto coas súas titoras fixeron unha visita a vila romana de Toralla en Vigo. A vila ségueselle chamando Finca Mirambell, porque o terreo era propiedade desta familia que, de feito, foi a que achou os primeiros restos deste xacemento arqueolóxico en Vigo, nos anos 20 do século pasado.

    A visita permitíulles coñecer de preto como estaba organizada unha residencia romana e tódalas edificacións de que estaba composta: a vivenda principal, as salinas, as termas.

     Foi un percorrido guiado por todo o xacemento que nos permitiu coñecer a Galicia romana de finais do Imperio a través de obxectos da época e interpretando e experimentando as tarefas cotiás realizadas en cada espazo desta magnifica vila romana.

     Quedamos moi satisfeitos desta visita, tanto polo trato recibido como pola forma de levala a cabo. Os nosos parabéns aos guías.

 

 

 

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut