Skip to Content

Alimenta- T ben

PROXECTO: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O alumnado de educación infantil e primaria participou, durante este curso escolar, nun proxecto de innovación educativa baixo o lema "Ponlle as pilas ao teu bocata".

O programa pretende achegar aos nenos e nenas ao medio natural, facendo reflexionar e explorar os seus elementos, os alimentos necesarios para a supervivencia e os beneficios que nos achegan.

O programa aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O alumnado pode experimentar, observar e chegar a descubrir as súas características e propiedades tan necesarias para nós.

Clicade no seguinte bocata para poder ver todas as actividades que levamos a cabo!!!

 

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA

O proxecto que levamos a cabo os alumnos de 5ºA abarcou sete sesións nas cales tratamos de aproximarnos a distintos aspectos do tema utilizando diversas estratexias de investigación e tratamento da información. Nun primeiro lugar investigamos sobre tipos de conservas, seguridade das mesmas, proceso de pesca e logo envasado, aportación nutritiva, relación coa pirámide alimenticia etc.


A continuación tratamos de ler, resumir, salientar a información máis relevante e finalmente plasmámola nun mural e nun mapa conceptual en imaxes. Por último  fixemos un obradoiro práctico no que puidemos experimentar distintas combinacións de productos do mar nas nosas merendas.

 

 

 

 

OS NOSOS SABIOS DO MAR!

Os nenos e nenas de 4 anos, por grupos, investigaron sobre algúns animaliños do mar, que podemos atopar en conservas. E fixeron de mestres e mestras dos seus compañeiros e compañeiras.

Aquí tedes a súa gran docencia!

Que mellor xeito de rematar, despois de tanto traballo, que saboreando estes manxares.

   
   
 
Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut