Durante os meses de marzo e abril o alumnado de 3º de Educación Primaria levou a cabo unha actividade de Iniciación ao Ábaco Xaponés ou Sorobán. Este é un instrumento que serve para facilitar os cálculos matemáticos. Foi moi utilizado en todo Oriente dende o século XVI e actualmente estendeuse por moitos colexios do mundo. O seu uso ten moitas vantaxes, entre elas:
- Aumenta a comprensión numérica.
- Favorece o cálculo mental.
- Mellora a concentración.
- Axuda a comprender mellor conceptos matemáticos abstractos.