Esta semana o alumnado de 5º e 6º recibimos a visita dunha bióloga marina do CSIC, que dun xeito lúdico e moi didáctico amosounos aspectos moi interesantes sobre o mar e os seus habitantes: os peixes, as diferentes formas de pescalos, a forma de calcular a cantidade que se pode pescar para evitar a sobreexplotación, onde viven, que comen , como se reproducen, a importancia de manter o equilibrio no ecosistema… e explicounos tamén o traballo que eles como científicos marinos desempeñan.
MOITAS GRAZAS A MIMA POLO SEU TEMPO E POLA PACIENCIA AMOSADA!!!