O valor do respecto exércese cando mostramos aprecio e coidado polo valor de algo e de alguén. Pode estar dirixido hacia os dereitos e a dignidade das demáis persoas, hacia nós mesmos e tamén hacia o entorno natural que nos rodea. Axúdanos a conservar intacto aquelo que máis apreciamos na vida e enséñanos a recoñecer aquelo que máis aprecian os demáis.
Por esta razón, e durante o curso escolar, a partir do mes de outubro, no CEIP Pena de Francia e baixo a iniciativa do Departamento de Orientación en colaboración co resto de titores e especialistas do centro, levarase a cabo un programa de Educación en valores para facer efectivo tamén o proposto no pla de convivencia do centro.
- OBXECTIVOS DO PROGRAMA
- Potenciar hábitos positivos que favorezan a convivencia.
- Presentar formas máis adaptativas para a vida.
- Dotar aos alumnos/as de ferramentas para unha convivencia pacífica.
-Formar cidadáns libres, responsables e comprometidos consigo mesmo e ca sociedade.
- Fomentar nos educadores unha visión máis esperanzadora do seu traballo á hora de inculcar valores que melloren a convivencia entre toda a comunidade educativa.
- Implicar aos pais/ nais na consecución de ditos valores.
2. DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA
- A cada mes foi asinado un valor distinto (a modo de exemplo o traballado o curso pasado). Así
- Outubro: ORDE
- Novembro: SINCERIDADE
- Decembro: SOLIDARIDADE
- Xaneiro: PAZ
- Febreiro: AMABILIDADE
- Marzo: IGUALDADE
- Abril: COIDADO DA NATUREZA
- Maio: EMPATÍA
- Xuño: ALEGRÍA
- Unha vez distribuidos os valores, asináronse un obxectivo para cada mes e valor traballado.
- Ao comenzo de cada mes comunícaselle aos pais/nais o valor que imos traballar e envíaselle por escrito e a través dos nenos e nanas o obxectivo a conseguir.
- Redacción dun lema para motivar e despertar o interés dos nenos e nenas a vivir esos valores.
MESES | LEMAS |
OUTUBRO | SOMOS ORDEADOS CANDO POMOS AS COUSAS NO SEU SITIO. |
NOVEMBRO | SOMOS SINCEROS CANDO... DECIMOS A VERDADE. RECOÑECEMOS OS NOSOS FALLOS, NON BUSCAMOS ESCUSAS. |
DECEMBRO | SOMOS SOLIDARIOS CANDO... COMPARTIMOS O QUE TEMOS COS DEMAIS:TEMPO, COUSAS, SORRISOS. PRESTAMOS AXUDA AOS OUTROS. |
XANEIRO | VIVIMOS A PAZ CANDO: DESTACAMOS O POSITIVO DOS DEMAIS. RESPECTAMOS AOS DEMAIS NAS SÚAS IDEAS, NA MANEIRA DE SER, ETC. |
FEBREIRO | SOMOS AMABLES CANDO... TRATAMOS CON RESPECTO AOS DEMAIS, TEMOS BOS MODAIS, PACIENCIA E SOLICITUDE. TEMOS DETALLE DE CARIÑO COS DEMAIS. |
MARZO | SOMOS IGUAIS CANDO: DISFRUTAMOS DOS MESMOS DEREITOS. TEMOS AS MESMAS OPORTUNIDADES, FACEMOS OS MESMOS TRABALLOS, COMPARTIMOS OS MESMOS XOGOS... |
ABRIL | COIDAMOS DA NATUREZA CANDO: MANTEMOS LIMPOS OS ESPAZOS NATURAIS. RECICLAMOS. RESPECTAMOS AS PLANTAS, ANIMAIS. |
MAIO | TEMOS EMPATÍA CANDO: SABEMOS PORNOS NA SITUACIÓN DOS DEMAIS PARA COMPRENDELOS. |
XUÑO | ESTAMOS ALEGRES CANDO: COMPARTIMOS AS NOSAS COUSAS COS DEMAIS. CANDO NOS COMPORTAMOS BEN. CANDO CUMPRIMOS COS NOSOS DEBERES... |
- Elección e elaboración de medios visuais que represente dito valor.
- Ao final de curso enviarase unha enquisa as casas para recabar a opinión dos pais/nais sobre o programa e solicitar a sua colaboración con suxerencias de valores para traballar o seguinte curso.