Esta comisión de Medio Ambiente ten como obxectivos:
-
Promover a toma de conciencia ambiental.
-
Coñecer a importancia das accións humanas que contribúen ao deterioro do medio ambiente.
-
Desenvolver habilidades e hábitos que impliquen un uso responsable dos recursos que están ao noso alcance.
-
Promover o traballo solidario e en equipo en prol do ben común.
As actividades a levar a cabo serán:
-
Reciclaxe na escola.
-
Prácticas de alimentación saudable e sostible.
-
Aforro enerxético no colexio: luces, auga, papel...
-
Visualización de vídeos informativos sobre xestión de productos altamente contaminantes da vida cotiá; papel aluminio, bombillas de baixo consumo...
-
Actividades centradas no coñecemento do noso entorno máis próximo co fin de respetalo e coidalo.