Skip to Content

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024 - 2025

 

Lista de actividades ofertadas:

- Atletismo:

Mobe multideporte imparte dita actividade no centro escolar Pena de Francia os luns de 16:00 a 17:00.

A actividade que se impartirá no colexio estará centrada principalmente nas carreiras, xa que existe unha competición de cros entre colexios durante o curso escolar nas que as nenas e nenos poderán participar. A esta actividade daráselle unha orientación de tipo educativa e formativa, na que calquera nena ou neno poida participar e onde se premiará o esforzo, o espírito de sacrificio e a auto superación; e non os resultados obtidos. E onde deben afacerse a competir con naturalidade e antepoñer o xogo limpo ao triunfo. Activiades coma carreiras (velocidade, resistencia, individuais e por relevos), lanzamentos,…

 

- Baile Moderno:

A empresa Ritmo imparte dita actividade no centro escolar Pena de Francia os martes de 16:00 a 17:00.

Trátase de realizar todo un traballo de cadeiras, pernas e glúteos sendo a base dunha coreografía baseada nun traballo aeróbico, cardiovascular e que tamén mellora a coordinación todo feito con música actual.

 

- Baloncesto:

O Clube Porriño imparte dita actividade, ofertada polo Concello de Mos, no centro escolar Pena de Francia os martes de 16:00 a 17:00.

Algo moi favorable para @s nen@s son as actividades deportivas que axudan non só a mellorar o seu desenvolvemento motor senón que lles ensinan a importancia de valores como o esforzo, a dedicación e a constancia.

 

- Balonmán:

O Clube Porriño imparte dita actividade, ofertada polo Concello de Mos, no centro escolar Pena de Francia os mércores de 15:55 a 16:55.

Algo moi favorable para @s nen@s son as actividades deportivas que axudan non só a mellorar o seu desenvolvemento motor senón que lles ensinan a importancia de valores como o esforzo, a dedicación e a constancia.

 

- Futbito:

O Clube Louro imparte dita actividade, ofertada polo Concello de Mos, no centro escolar Pena de Francia os luns de 16:00 a 17:00.

Consiste nunha actividade saudable e divertida onde @ nen@ desenvolve un comportamento cooperativo tanto dentro como fóra do terreo de xogo, fomentando o respecto d@s compañeir@s e adquirindo un maior dominio técnico e táctico do xogo.

  

- Ioga:

A empresa Ritmo imparte dita actividade no centro escolar Pena de Francia os mércores de 16:00 a 17:00.

A medio camiño entre unha actividade deportiva e un método de meditación con un ambiente relaxado, para o que se necesita moita disciplina, a práctica do ioga é unha disciplina para todos os públicos.

 

- Inglés:

Ofertada polo Concello de Mos, impártese  no centro escolar Pena de Francia os xoves de 16:00 a 17:00. Consta de varios grupos repartidos por idades.

Actividade dirixida á aprendizaxe e reforzo escolar do inglés, mediante un método activo e comunicativo no que @s participantes desenvolverán todas as competencias necesarias para adquirir a lingua, trataranse temas relacionados co curso escolar a través de fichas prácticas e xogos, ensinanzas de gramática, vocabulario...e outros aspectos sempre dun xeito lúdico.

 

- Inglés Infantil:

A empresa Ritmo imparte dita actividade no centro escolar Pena de Francia os luns de 16:00 a 17:00.

Actividade dirixida á aprendizaxe e reforzo escolar do inglés, mediante un método activo e comunicativo no que @s participantes desenvolverán todas as competencias necesarias para adquirir a lingua, trataranse temas relacionados co curso escolar a través de fichas prácticas e xogos, ensinanzas de gramática, vocabulario…e outros aspectos sempre dun xeito lúdico.

 

- Intelixencia emocional:

A empresa Ritmo imparte dita actividade no centro escolar Pena de Francia os venres de 16:00 a 17:00.

Trátase dunha actividade formativa extraescolar que ten como obxectivo o desenvolvemento da intelixencia interpersoal e intrapersoal Son varios os tipos de intelixencia que traballaremos na actividade. A intelixencia emocional está relacionada co autocoñecemento, a adquisición de habilidades sociais para mellorar as relacións cos demais e saber recoñecelas e respectalas. É moi útil para aprender a xestionar as emocións e os sentimentos os participantes que lograrán a autocomprensión.

 

- Natación:

Ofertada polo Concello de Mos, na piscina municipal. Consta de varios grupos e varios horarios. Calquera dúbida preguntar no concello de Mos.

¡Diversión na auga! Os/as ¡nenos/as desfrutan deste deporte de baixo impacto que lles proporciona múltiples beneficios físicos e psicolóxicos.

Melloran a súas destrezas motrices, realizan exercicio cardiovascular, reláxanse e adquiren seguridade e confianza en sí mesmos no medio acuático.

 

- Manualidades e reciclaxe:

A empresa Ritmo imparte dita actividade no centro escolar Pena de Francia os xoves de 16:00 a 17:00.

Nestes tempos, ensinar aos/ás menos/as a importancia da reciclaxe e coidar o noso planeta é máis crucial que nunca. As manualidades con materiais reciclados non só son unha excelente forma de inculcar estes valores, senón que tamén ofrecen unha oportunidade única para desenvolver a creatividade e a motricidade dos/as máis pequenos/as.

 

- Multideporte:

O Clube Louro imparte dita actividade, ofertada polo Concello de Mos, no centro escolar Pena de Francia os xoves de 16:00 a 17:00.

Nesta actividade @s nen@s teñen a oportunidade de iniciarse en diversos deportes, deste xeito adquiren coñecementos motores, expresivos e creativos moi beneficiosos tanto para a vida cotiá como para a práctica deportiva, xa sexa dirixida ao lecer ou ao rendemento.

 

- Patinaxe:

Disport ocio e deporte imparte dita actividade, no Pavillón Oscar Pereiro os martes de 16:00 a 17:30. 

Os/As nenos/as aprenden a patinar e perfeccionar a súa técnica a través de dinámicas e xogos nos que practican avances, xiros, freadas e mesmo algunhas técnicas de slalom. A patinaxe é unha actividade recreativa e un deporte que axuda a desenvolver o equilibrio e a harmonía corporal, mediante movementos e exercicios. Unha boa técnica pode axudar aos nenos a familiarizarse co movemento sobre patíns e a desenvolver diversos movementos sobre rodas.

 

- Taekwoondo:

O Clube Deportivo Taekwondo Zusanli imparte dita actividade no centro escolar Pena de Francia os luns de 16:00 a 17:00.

A práctica das artes marciais @s nen@s provoca unha mellora no desenvolvemento motor, aumentando o nivel de coordinación do neno, conseguindo mellorar calidades como a elasticidade, a velocidade, o equilibrio, a forza...

 

- Xadrez:

O Clube Ponteareas imparte dita actividade no centro escolar Pena de Francia os martes de 16:00 a 17:00.

Como en calquera actividade, ao xogar ao xadrez desenvólvense certas capacidades, como a atención, a concentración e a análise de problemas complexos en diferentes escenarios posibles (funcións executivas).

 

- Ximnasia Acrobática:

Jael e Marcos impartirán dita actividade no centro escolar Pena de Francia os mércores (primaria) e os xoves (infantil) de 16:00 a 17:00.

Trátase dunha modalidade ximnástica na que se combina a forza, a flexibilidade e a pasión. Melloran a forza, o control da postura corporal e a flexibilidade. Desarroian habilidades motrices e coordinación, sendo un dos deportes máis completos a nivel psicomotor. Mellora a autoestima, a confianza nun mesmo, o positivismo e o compañerismo.

 



page | by Dr. Radut