Skip to Content

Antes do 2022-2023

PEDRO FEIJOO NO CLUBE DE LECTURA

Un grupo de nais e mestras reuníronse na biblioteca para falar do libro de Pedro Feijoo, "Os fillos do mar".

CELEBRACIÓN DO DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o día da non violencia, o 25 de novembro, os alumnos e alumnas de 6º B fixeron unha representación teatral do libro ROSA CARAMELO. Este conto transmite a igualdade entre homes e mulleres.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Presentación feita polos alumnos e alumnas de 6º A explicándonos os motivos da celebración desta data.

 
 NORABOA A TODOS E TODAS POLO VOSO TRABALLO!

TEATRO DE CARABUÑAS

 Dende o equipo de biblioteca prepararon un teatro sobre este simpático conto de Margarita del Mazo. Desfrutamos moitísmo da experiencia... Aquí tedes o vídeo para que vexades o ben que o fixeron algunhas das colaboradoras da biblioteca.

 

TEATRO DE CARABUÑAS

 Dende o equipo de biblioteca prepararon un teatro sobre este simpático conto de Margarita del Mazo. Desfrutamos moitísmo da experiencia... Aquí tedes o vídeo para que vexades o ben que o fixeron algunhas das colaboradoras da biblioteca.

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Con motivo da conmemoración do día do libro, 23 de abril, dende a escola queremos homenaxear a Miguel de Cervantes, no seu catrocentos aniversario do seu falecemento, con varias actividades.

 

Unha delas foi un acto onde un afamado actor, que interpretou a Cervantes, contounos a súa vida. Aproveitamos, tamén, para que a alumna Maria Calvar, gañadora de varios premios, lera algunha das súas creacións literarias e posteriormente visionamos varios episodios do “EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA”.

 

 
 

 

 Non vos perdades, tamén, outras actividades no blogue da biblioteca.

 

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Un ano máis acordámonos da gran poetisa Rosalía de Castro no día do seu nacemento, 24 de febreiro.

Dende a Biblioteca facilitarase material impreso. Por outra banda dende o equipo de Dinamización realizarase a silueta da cara dela nunha parede do colexio para, posteriormente, pintar o alumnado de sexto de primaria, así como facilitarán siluetas en papel para pintar na aula (wharholea a túa Rosalía) e, posteriormente, expor na corcheira.

 
Premendo nas seguintes viaxaredes aos blogues da Biblioteca e de Dinamización Lingüística, onde atoparedes máis recursos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

PALABRAS PARA A PAZ

Hai "Palabras Bonitas", cada un ten as súas. Son palabras que polo seu significado, pola súa sonoridade ou por calquera outra razón, transmítennos seguridade, alegría, un sentimento agradable...

No Día da Paz queremos compartir con vós as nosas palabras bonitas para que vos enchan o corazón.

Para descargar o vídeo só clicade enriba da palabra: PAZ

 

A palabra do ano 2015 é "Refuxiado": persoa que vive fóra do seu país, ao ser obrigado a abandonalo por desastres naturais, conflitos armados, persecucións políticas, relixiosas ou por motivos de sexo ou raza.

Imaxinades deixar atrás a vosa casa, os vosos amigos e amigas, os vosos avós, os lugares coñecidos e queridos?

Oxalá que NUNCA MÁIS "refuxiado" sexa a palabra destacada de ningún ano!

Deixámosvos o conto "A flor máis bonita do mundo" de José Saramago.

 

 

 
FELIZ DÍA DA PAZ!

APADRIÑAMOS AS ÁRBORES DO COLEXIO

Este ano o PDI do noso centro xira ao redor dos bosques. Aproveitando a riqueza evariedade de árbores que poboan os xardíns do noso cole decidimos comezar por coñecer o noso entorno máis próximo.

Con este obxectivo cada aula escolleu unha árbore e apadriñouna. Posamos con ela, buscamos as súas características e curiosidades e toda esta información rexistrámola nun libro.

 


 
 
Durante este primeiro trimestre o alumnado e o profesorado traballou para converter o noso centro nun bonito bosque. Aínda nos queda traballo por diante, pero non perdades o gran acontecemento!
 

 

LEDICIA COSTAS NA ESCOLA

O martes 1 de decembro o alumnado de 5º Educación Primaria tivo o privilexio de recibir unha visita moi especial: a escritora viguesa Ledicia Costas que veu a presentarnos o seu libro "Escarlatina a cociñeira difunta". 

No blogue da biblioteca temos máis información sobre este momento tan especial e máxico. 

 

LAZOS DA ESPERANZA PARA COMBATIR A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 23 de novembro, e como actividade previa ao Día contra a Violencia de Xénero, @s nen@s de 6º recibimos unha charla relacionada co tema.

A educación Primaria ten coma finaliades báscias contribuir ao pleno desenvolvemento da personalidade do alumnado, a súa preparación para participar activamente na vida social e cultural e a comprensión das igualdades socias.

Así, os nen@s reciben e aprenden mensaxes sobre convivencia, relación humanas e formas de interpretar a realidade nos que a violencia se manifesta de maneira explícita, unas veces, e outras de forma silenciosa, sendo na mayoría das veces as mulleres as víctimas das agresións.

Mediante esta charla e coas actividades grupais que se levaron a cabo na mesma, buscamos erradicar este problema social que está, desgraciadamente, tan de actualidade.

Reformzamos a través desta charla infomrativa actitudes coma:

-     “Establecer relacións equilibradas, solidarias e constructivas”

-    “Apreciar a importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia, e a actuar de acordo con eles”

-    “Desenvolver conductas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia, recoñecéndoa en sí mesmo e nas outras persoas.”

O 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O centro organizou actividades en torno a este día e a biblioteca recompilou recursos para que os mestres e mestras poideramos traballar en prol da igualdade e contra a violencia de xénero nas aulas.

Culminamos ese día coa creación dunha árbore chea de lazos lilas de esperanza, na que comezaron os máis cativos do centro e remataron os maiores.

 

 

Tedes máis noticias sobre a temática no blogue da biblioteca.

MES DO MEDO NA BIBLIOTECA!

Dende a Biblioteca imos tratar en novembro o "MES DO MEDO".

Viviremos terroríficos e inolvidables momentos que non vos podedes perder!

Clicade na seguinte imaxe de Orbil e viaxaredes ao blogue da Biblioteca, no que xa tendes publicada a transformación arrepiante da mesma. E isto só é o comezo....ja, ja, ja.

  

 

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: OS BOSQUES

Os bosques é o proxecto documental que desenvolverá o CEIP Pena de Francia de Mos durante o curso 2015/2016 e que estará coordinado polas diferentes Comisións do centro dende a Biblioteca Escolar, Dinamización da Lingua Galega, Tics e Extraescolares. Elaborando para elo unha programación anual por trimestres, onde as diferentes áreas estean interconexionadas, sendo a tarefa final do curso a saída a un bosque autóctono.
Os Proxectos Documentais Integrados son un excelente instrumento para xerar e estimular novas formas de aprender, acordes coa sociedade da información. Son unha forma de traballo que permite transformar a información en coñecemento e onde a Biblioteca Escolar convértese no eixo da acción educativa. O traballo en base a proxectos implica unha filosofía educativa centrada no alumnado, pondo o acento nos procedementos pero sen descoidar en ningún momento os contidos. Trátase de traballos de investigación nos que o alumnado traballa directamente coa documentación, aprendendo a traballar autónomamente. Algúns dos aspectos máis relevantes do traballo por proxectos son o significativo  da aprendizaxe e o traballo cooperativo, tan fundamental no noso centro.

     E para empezar…

Chegou a nosa escola, en forma de préstamo, una coidada e fermosa exposición sobre os bosques galegos. A exposición ao longo de 12 Paneis, ilustrados con fotografía e interesantes textos, fai un percorrido, primeiramente polas características máis salientables dos nosos bosques e despois recorre, dun xeito minucioso e estructurado, as principais árbores que compoñen a paisaxe galega.

      Este magnífico traballo foi elaborado polos mestres Demetrio Jorge Boullosa e Francisco Javier Obelleiro Piñon, docentes no CPI Padín Truiteiro.

      O noso agradecemento por compartir este magnífico traballo.

 

NOVIDADES NO BLOG DA BIBLIOTECA

 

 

FEIRA MEDIEVAL

A nosa viaxe pola Idade Media e este curso escolar chega ao seu fin e que mellor forma de despedilo que celebrando todos xuntos unha gran FEIRA MEDIEVAL!!

O pasado 19 de xuño toda a Comunidade Educativa disfrutamos de xogos medievais, unha gran exposición realizada polo noso alumnado, un mercado con artesanía, pombas... e sen esquecernos da taberna que nos ofreceu exquisitas froitas e bebidas.

Agradecer aos pais e nais por participar na nosa feira coa súa presenza, á Mancomunidade de Montes por deixarnos os paos para delimitar os xogos, ao Concello polos postos que empregamos para montar o Mercado, aos pais e nais que aportaron artesanía para encher ditos postos, á ANPA por atender a Taberna e aportar unha rica merenda base de froita e auga fresca, ao profesorado e alumnado do centro por aportar material para a Exposición e participar activamente no desenvolvemento da actividade, ao noso conserxe Juan por axudarnos coa loxística e facernos a tarefa máis sinxela e, finalmente,  a Loli por ser a coordinadora da Feira Medieval e alma pensante de todo o acontecido o día 19 no noso centro. Grazas a todos e todas!!!

Que non viñeches ese día? Non te preocupes, eiquí vos deixamos unha reportaxe gráfica dese gran evento!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DE XOSÉ TOMÁS

O martes os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron a sorte de coñecer a Xosé Tomás, escritor e ilustrador dos libros de Rodribico, que tanto lles encanta. Se clicades nel iredes ao blogue da Biblioteca e poderedes recordar ese gran día!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut